Catedral primada de Colombia
Catedral primada de Colombia | |
---|---|
Fachada da catedral. | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | Cundinamarca |
Tipo | Catedral, basílica |
Advocación | Inmaculada Concepción |
Localización | Bogotá |
Coordenadas | 4°35′53″N 74°04′31″O / 4.597955, -74.075238 |
Catalogación | Monumento nacional |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Arquiocese católica latina de Bogotá |
Arquitectura | |
Construción | 1807-1823 |
Estilo | Arquitectura neoclásica |
Medidas | 85 x 90 m |
Páxina web | catedral.arquibogota.org.co/es/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Catedral Primada de Colombia, oficialmente Sacro Santa Igrexa Catedral Primada Basílica Metropolitana da Inmaculada Concepción de María en Bogotá, é unha igrexa catedralicia de culto católico consagrada á Inmaculada Concepción; é un edificio de estilo neoclásico localizado na Praza de Bolívar de Bogotá, capital do país.[1] A catedral é sede do Arcebispo de Bogotá e por conseguinte do Bispo primado de Colombia, recoñecida co título honorífico de Primada de Colombia polo papa León XIII, a través do Decreto da Congregación Consistorial do 7 de novembro de 1902.[2] O templo foi deseñado por Domingo de Petrés e construíuse entre 1807 e 1823 no mesmo lugar onde anteriormente se ergueron outros tres templos que sucesivamente serviron de catedrais para a cidade. Polo seu significado histórico, valor arquitectónico e cultural foi declarada Monumento Nacional por medio do decreto 1.584 do 11 de agosto de 1975.[3]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Escudo_de_la_Catedral_Bas%C3%ADlica_de_Bogot%C3%A1.svg/220px-Escudo_de_la_Catedral_Bas%C3%ADlica_de_Bogot%C3%A1.svg.png)
Historia
Cando os conquistadores españois chegaron á Sabana de Bogotá, o misioneiro frei Domingo de las Casas celebrou a primeira santa misa o 6 de agosto de 1538, nunha modesta capela de bahareque e teitos de palla, e ante un estandarte que repousa na catedral, no lugar onde se puxeron as primeiras pedras para a construción dunha igrexa.[4] O lugar foi denominado polos españois como A nosa Señora da Esperanza.
En 1553, por iniciativa de Frei Juan de los Barrios tomouse a decisión de construír un templo en paredes de tapia e ladrillo no mesmo lugar actual da catedral, de acordo á disposición do Cabido, para o que se convocou a unha licitación pública que lle asignou as obras a Baltasar Díaz e a Pedro Vásquez, asociados ó albanel Juan Rey, cun orzamento de 1.000 pesos.[5] En 1560, despois de gastar máis de 6.000 pesos e á véspera da súa inauguración derrubouse o teito da construción.[6] Malia iso, o 11 de setembro de 1562 o papa Pío VI outorgoulle o título de Catedral.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/CatedralPrimadaBogota2004-7.jpg/220px-CatedralPrimadaBogota2004-7.jpg)
Doce anos despois, Frei Juan de los Barrios, primeiro arcebispo da cidade, trouxo sobre os seus ombreiros a primeira pedra para unha nova Catedral, dando así exemplo a todos os seus compañeiros e fieis, quen o seguiron lograron almacenar unha cantidade considerable de pedras para a súa construción. A obra iniciouse o 12 de marzo de 1572, no mesmo lugar, coas mesmas condicións que a anterior, é dicir con tres naves, pero cun detalle adicional no que se lle engadiron catro capelas formando unha cruz.
A obra culminou en 1590, coa capela maior cuberta así como os arcos, pero quedando pendentes na súa construción, as catro capelas laterais e as tres naves, para 1678 concluíuse a torre. Esta nova Igrexa, terceira construción da catedral foi notable pola riqueza do seu culto e pola súa capela musical. O 12 de xullo de 1785 prodúcese un forte terremoto na cidade que afecta gravemente a construción, polo cal se toma a decisión de derrubala parcialmente en 1805.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Bolivar%27sSquare30%27s.jpg/300px-Bolivar%27sSquare30%27s.jpg)
Algúns anos despois da expulsión dos xesuítas de Colombia óptase por pór en servizo como vicecatedral á igrexa de San Ignacio, a cal foi denominada "Vicecatedral de San Carlos" (na honra do rei Carlos III) e atópase a tan só media cuadra de distancia da Praza.
A comezos do século XIX por nomeamento efectuado polo cóengo Fernando Caycedo y Flórez, arcebispo de Colombia, designouse como arquitecto para a reconstrución da catedral ó frade capuchino Frei Domingo de Petrés, o cal estaba amplamente influenciado pola tendencia neoclásica reinante nesa época da historia e que determinou o estilo da reconstrución da Igrexa. Frei Domingo, de orixe española, fillo dun albanel, quen chegou a Santafé de Bogotá en 1792 para exercer o seu oficio de arquitecto, comezando a obra da nova catedral o 11 de febreiro de 1807.[7] Consideróuselle como un dos arquitectos máis representativos do novo reino de Novo Reino de Granada, e entre outras obras salientan o Observatorio Astronómico de Bogotá, a Basílica da Nosa Señora do Rosario de Chiquinquirá, a Catedral de Santa Fe de Antioquia e a Igrexa de San Miguel, en Guaduas.
Cando morre frei Domingo en 1811 a construción do interior da catedral estaba rematada.[8] As obras restantes foron dirixidas por Nicolás León quen as logra concluír o 19 de abril de 1823. Nese mesmo ano oficiouse a consagración da catedral. A Catedral de Bogotá foi recoñecida co título honorífico de Primada de Colombia polo papa León XIII, a través do Decreto da Congregación Consistorial do 7 de novembro de 1902.
No ano 1943 o arquitecto español Alfredo Rodríguez Orgaz dirixiu as reformas á fachada de acordo cos planos orixinais de Domingo de Petrés. As maiores reformas realizáronse con motivo do Congreso Eucarístico Internacional de 1968 e a visita do papa Paulo VI cando o presbiterio se ampliou até o cruceiro e o altar situouse baixo a cúpula.[9]
Notas
- ↑ García, Juan Crisóstomo (1916), Guía histórica y descriptiva de la Catedral de Bogotá, Imprenta de San Bernardo, Bogotá.
- ↑ Conferencia Episcopal de Colombia. "Historia Arquidiócesis de Bogotá". Arquivado dende o orixinal (DOC) o 27 de decembro de 2010. Consultado o 01 de outubro de 2018.
- ↑ Ministerio de Educación Nacional. "Decreto 1584 del 11 de agosto de 1975". Arquivado dende o orixinal (DOC) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de outubro de 2018.
decreto por el cual varias edificaciones de Bogotá son declaradas Monumentos Nacionales
- ↑ Acosta de Samper, Soledad (1883), Biografías de hombres ilustres y notables Fray Domingo de las Casas
- ↑ De Alcacer, Fray Antonio (1958), Fray Domingo de Petrés: arquitecto capuchino, Ediciones Seminario Serafico Misional, Bogotá.
- ↑ Escovar, Alberto, Mariño, Margarita, Peña, César (2004), Atlas histórico de Bogotá 1538-1910, Editorial Planeta, Bogotá, ISBN 958-42-0829-2.
- ↑ Rodríguez Maldonado, Constanza (1965) La Catedral de Bogotá. Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá.
- ↑ "Los siete tempos capitales". El Espectador.
- ↑ Pianeta, Alberto (2006), Iglesias de Colombia: arte y arquitectura, Myra Ediciones, Bogotá, ISBN 958-33-7221-8.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en castelán)