Catedral de Etchmiadzin
Coordenadas: 40°09′43″N 44°17′28″L / 40.161861111111, 44.291
Catedral de Etchmiadzin | |
---|---|
Vista da catedral. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Armenia |
Localización | Vagharshapat |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iii |
Inscrición | 2000 (XXIV edición) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 1011 |
A catedral de Etchmiadzin (en armenio: Էջմիածնի մայր տաճար; Ēǰmiatsni mayr tačar) ou catedral da Santa Etchmiadzin[1][2] é a igrexa nai da Igrexa apostólica armenia. Atópase na cidade coñecida de maneira dual como Etchmiadzin (Ejmiatsin) ou Vagharshapat, en Armenia.[3][4] É considerada a primeira catedral construída na antiga Armenia, e a miúdo considérase a catedral máis antiga do mundo.
A igrexa orixinal foi construída a comezos do século IV[5] —entre o 301 e o 303 segundo a tradición— polo santo patrón de Armenia Gregorio o Iluminador, tras a adopción do cristianismo como relixión estatal polo rei Tiridates III. Foi construído sobre un templo pagán, simbolizando a conversión do paganismo ao cristianismo. O núcleo do edificio actual foi construído en 483/4 por Vahan Mamikonian despois de que a catedral fose gravemente danada nunha invasión persa. Dende a súa fundación ata a segunda metade do século V, Etchmiadzin foi a sé do Catholicos, o xefe supremo da Igrexa armenia.
Como o centro do cristianismo armenio, Etchmiadzin foi un lugar importante en Armenia non só relixiosamente, senón tamén política e culturalmente.[6] Un importante lugar de peregrinación, é un dos lugares máis visitados do país.[7] Xunto con varias igrexas medievais importantes situadas nas proximidades, a catedral foi catalogada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000.[8]
Notas
- ↑ Azadian, Edmond Y. (1999). History on the Move: Views, Interviews and Essays on Armenian Issues. Detroit: Wayne State University Press. p. 211. ISBN 978-0-8143-2916-0.
- ↑ Melton, J. Gordon; Baumann, Martin, eds. (2010). Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices (2nd ed.). Santa Barbara, California: ABC-CLIO. p. 186. ISBN 978-1-59884-204-3.
- ↑ A cidade chamouse Vagharshapat durante a maior parte da súa historia. Chamábase oficialmente Etchmiadzin ou Ejmiatsin entre 1945 e 1995. Hoxe en día, ambos os dous nomes utilízanse de forma intercambiable.
- ↑ "Պատմաաշխարհագրական ակնարկ [Historical-geographic overview]" (en armenio). Armavir Province: Armenian Ministry of Territorial Administration. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2014.
...Վաղարշապատ (1945–1995թթ. կոչվել է Էջմիածին) քաղաքը...
- ↑ Arakelian et al. 1984, p. 571.
- ↑ Jaloyan, Vardan. "Էջմիածնի կաթողիկոսության հիմնադրման քաղաքական և աստվածաբանական հանգամանքները [Theological and political circumstances of the foundation of the Etchmiadzin Catholicosate]" (en armenio). Religions in Armenia. Arquivado dende o orixinal o 2014-04-11. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ "The number of foreign tourists visiting Armenia expected to surge to one million". ARKA News Agency. 30 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
Foreign tourists usually visit the pagan temple of Garni, Geghard Monastery, Holy Etchmiadzin and Lake Sevan.
- ↑ "Cathedral and Churches of Echmiatsin and the Archaeological Site of Zvartnots". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021.