Ceilândia
Coordenadas: 15°49′09″S 48°06′30″O / -15.81917, -48.10833
Ceilândia é unha rexión administrativa do Distrito Federal do Brasil.
Historia
Os primeiros rexistros da ocupación de orixe europea datan do século XVIII e mostran que os primeiros poboados foron instalados para buscar metais preciosos. Nos anos cincuenta, coa transferencia da capital do Brasil do Río de Xaneiro a Brasilia, as comunidades creceron. En 1969, con só 9 anos de vida, Brasilia xa tiña case 80.000 [1] habitantes vivindo en favelas.
As favelas posicionáronse como un dos problemas sociais máis importantes na axenda brasiliense. Recoñecendo a gravidade do problema, o gobernador Hélio Prates da Silveira solicitou a erradicación das favelas á Secretaría de Servizos Sociais. Ese mesmo ano foi creada a Comisión de Erradicación das Favelas. Foi entón cando xurdira a Campaña de Erradicación das Invasións (CEI). Creouse unha zona, ao norte de Taguatinga (nas antigas terras da Facenda Guarioba) para transferir aos habitantes das favelas mais próximas ao Plano Piloto. A partir da sigla "CEI". creouse o nome de Ceilândia.
No 27 de marzo de 1971, o gobernador Hélio Prates daba un paso fundamental para, na data, a cidade satélite de Ceilândia. Ese día transferíronse as primeiras 20 familias a Ceilândia. Hoxe, a cidade posúe preto de 398.374 habitantes (PDAD 2010/2011) e é a rexión administrativa con máis habitantes do Distrito Federal.
En 2013 lanzouse o documental "A cidade é uma só" [2], de Adirlei Queiroz, no que se conta a historia da creación de Ceilândia.
Seguridade
A rexión administrativa de Ceilândia é unha con maior número de homicidios do Distrito Federal. Entre xaneiro e maio de 2012 ocorreron 64 homicidios na cidade, unha media de case 13 homicidios por mes[3].
Notas
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013.
- ↑ http://g1.globo.com/pop-arte/cinema/noticia/2013/07/estreia-cidade-e-uma-so-investiga-passado-de-brasilia.html
- ↑ Secretaria de Estado de Seguridade Pública do Distrito Federal http://www.ssp.df.gov.br/estatisticas/especificas.html Arquivado 22/10/2013, en Wayback Machine.