Centros históricos de Berat e Gjirokastër
Centros históricos de Berat e Gjirokastër | |
---|---|
Vistas de Gjirokastër. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Albania |
Localización | Condado de Vlorë |
Tipo | Cultural |
Criterios | iii, iv |
Inscrición | 2005 (XXIX sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 569 |
Os centros históricos de Berat e Gjirokastër (en albanés: Qendrat historike të Beratit dhe Gjirokastrës) son un conxunto histórico que abrangue as cidades de Berat e Gjirokastër, no sur de Albania. Gjirokastër foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2005, mentres que Berat foi engadido como unha extensión do sitio en 2008.[1][2] Están inscritas como exemplos raros da arquitectura típica do período otomán.[3]
Berat é coñecida como a cidade das mil fiestras e considérase un dos tesouros arquitectónicos de Albania. Aínda son evidentes vestixios ben conservados na cidade dos ilirios, dos gregos, dos romanos, dos bizantinos e dos otománs, con castelos e mansións, antigas igrexas e mesquitas e impresionantes pinturas murais.[4][5] Ao longo dos séculos, Berat foi o lugar onde conviviron en paz diversas relixións e comunidades.
Gjirokastër, coñecida como a cidade de pedra, esténdese no lado empinado do val do río Drino, con vistas á paisaxe histórica cunha pintoresca arquitectura de pedra enmarcada por montañas a cada lado. Como a maioría das outras cidades de Albania, Gjirokastër posúe tesouros arquitectónicos de varias civilizacións que previamente conquistaron a rexión.
Galería de imaxes
- Berat
-
Distrito de Mangalem.
-
Distrito de Gorica.
-
Distrito de Kalaja.
-
Casas no distrito de Kalaja.
-
Igrexa da Santa Trindade de Berat.
-
Mezquita dos solteiros.
-
Fresco na Igrexa de San Teodoro de Berat.
Notas
- ↑ "Three new sites inscribed on UNESCO's World Heritage List".
- ↑ UNESCO World Heritage Site. "Historic Centres of Berat and Gjirokastra". whc.unesco.org (en inglés).
- ↑ UNESCO World Heritage Site. "Museum-City of Gjirokastra" (PDF). whc.unesco.org (en inglés).
- ↑ UNESCO World Heritage Site. "Advisory Body Evaluation (ICOMOS) - Historic centres of Berat and Gjirokastra (Albania) No 569" (PDF). whc.unesco.org (en English).
- ↑ "Icons from the Orthodox Communities of Albania - COLLECTION OF THE NATIONAL MUSEUM OF MEDIEVAL ART, KORCË" (PDF). helios-eie.ekt.gr (en English). p. 20.