Chachapoyas

Modelo:Xeografía políticaChachapoyas
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Localización
 6°14′S 77°52′O / -6.23, -77.87
EstadoPerú
RexiónAmazonas
ProvinciaChachapoyas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación32.026 (2017) Editar o valor en Wikidata (208,26 hab./km²)
Xeografía
Superficie153,78 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.335 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal477002 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico41 Editar o valor en Wikidata

Chachapoyas é unha cidade do norte do Perú, capital da provincia de Chachapoyas e do Departamento de Amazonas, situada na vertente oriental da Cordilleira dos Andes, nun altiplano da cunca do río Utcubamba, afluente do río Marañón. Segundo o censo peruano de 2007, a poboación da cidade era de 23 202 habitantes.

A cidade mantén aínda o carácter colonial nas súas construcións e conta coa Universidade Nacional Toribio Rodríguez de Mendoza de Amazonas.

Toponimia

Chachapoyas provén do vocábulo nativo sachapuyos que significa homes da néboa, atribuíndolle este nome debido á densa brétema que habitualmente cobre o cerro de Puma Urco, que se atopa nas inmediacións da cidade.

Historia

Berce da cultura chachapoyas, a cidade foi sometida polo Imperio Incaico no século XV e posteriormente, tras a conquista, foi novamente fundada polos españois co nome de San Juan de la Frontera de los Chachapoyas por Alonso de Alvarado o 5 de setembro de 1538.[1] Desa época datan a súa praza de Armas e as pequenas rúas empedradas que se conservan hoxe en día. Foi pensada para constituírse como capital do oriente peruano desde a marxe dereita do río Marañón. En 1821 derrotaron nela os patriotas peruanos aos realistas, converténdose de inmediato (1832) na capital dun dos primeiros departamentos.

Notas

  1. Enciclopedia Temática del Perú. TOMO V: Geografía, Carlos Peñaherrera. Lima, Orbis Ventures, 2004.

Véxase tamén

Ligazóns externas