China Central Television

Edificio central da CCTV en Beijing

China Central Television (CCTV, 中国中央电视台) é unha cadea de televisión chinesa de titularidade pública administrada pola State Administration of Radio, Film, and Television e que abrangue 19 canles.

Historia

O 1 de maio de 1958, Peking Television como se denominaba entón, realizou a primeira transmisión experimental e logo do 2 de setembro comezou a emitir regularmente. O 1 de maio de 1978 cambiou o seu nome a CCTV, por entón as emisións comezaban pola tarde e remataban á medianoite. A CCTV ata a década de 1990 seguía as directivas do Departamento de Propaganda do Comité Central do Partido Comunista Chinés para o que se podía emitir e o que non pero a partir de entón establéceronse criterios xerais, ningún programa pode ir contra o comunismo, socialismo, o partido e o goberno nin ser sexualmente explícito[1].

Canles

  • CCTV-1 Xeral
  • CCTV-2 Financeiro
  • CCTV-3 Entretemento
  • CCTV-4 Internacional en chinés
  • CCTV-5 Deportivo
  • CCTV-6 Filmes
  • CCTV-7 Militar/agricultura
  • CCTV-8 Series de televisión
  • CCTV News (English) Información en inglés
  • CCTV-10 Ciencia e educación
  • CCTV-11 Ópera Chinesa
  • CCTV-12 Lei e sociedade
  • CCTV-News Informativo en chinés
  • CCTV-Children (CCTV-少儿) – Infantil
  • CCTV-Music (CCTV-音乐) – Música
  • CCTV-E Internacional en castelán
  • CCTV-F Internacional en francés
  • CCTV-العربية Internacional en árabe
  • CCTV-Русский Internacional en ruso
  • CCTV-HD – Alta definición

Notas

  1. Kops, M. & Ollig, S. "Internationalization of the Chinese TV Sector", 2007. pp. 33

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web oficial