Chris Craft

Modelo:BiografíaChris Craft
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Porthleven, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Essex, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, enxeñeiro mecánico, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Christopher Craft, nado en Porthleven (Cornualla) o 17 de novembro de 1939, é un expiloto de automobilismo inglés, que competiu en moitas formas diferentes de deportes de motor.

Traxectoria

Craft comezou a súa carreira en 1962, cun Ford Anglia[1] e converteuse nun recoñecido piloto de automóbiles de turismo, especialmente co Team Broadpeed Escort co que fixo as tempadas desde 1968-70.[1] Logo de pilotar previamente un Tecno na Fórmula 3, mudouse aos coches deportivos desde 1968, inicialmente cun Chevron e entón uniu forzas con Alain de Cadenet para pilotar o seu Porsche 908 e o McLaren M8C.[1] Foi esta asociación o que levou á súa participación en dous Grandes Premios de Fórmula Un, en 1971, pilotou un Brabham BT33 preparado para a Ecurie Evergreen do equipo de Cadenet, pero non conseguiu ningún punto de campionato. Non clasificou para a súa primeira carreira do Campionato do Mundo (o Gran Premio do Canadá de 1971 no Circuíto de Mosport Park), pero puido comezar a carreira despois da retirada doutros dous pilotos debido a accidentes nas sesións de quecemento o día da carreira. Con todo, o seu propio coche sufriu problemas no motor, negándolle a oportunidade.[2] O seu segundo Gran Premio, en Watkins Glen, acabou cunha falla na suspensión e problemas de pneumáticos durante a carreira.[3]

Craft continuou a competir en moitas outras formas de carreiras de automóbiles, incluíndo turismos, principalmente cun Ford Capri, coches deportivos, incluíndo un período co equipo Dome a principios dos anos oitenta; Fórmula 3 e Fórmula 5000. Un dos momentos máis destacados da súa carreira foi o terceiro posto nas 24 Horas de Le Mans de 1976.

Logo da súa carreira, Chris Craft creou a Light Car Company co deseñador de F1 Gordon Murray para construír Light Car Company Rocket.[4]


Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1971 Ecurie Evergreen Brabham BT33 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN
NSC
USA
Ret
NC 0

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Small, Steve. The Complete Guinness Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 115. ISBN 0851127029. 
  2. Lang, Mike (1982). Grand Prix! Vol 2. Haynes Publishing Group. p. 166. ISBN 0-85429-321-3. 
  3. Small, Steve. The Complete Guinness Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 114. ISBN 0851127029. 
  4. Ernst, Kurt (15 de setembro de 2014). "Hemmings Find of the Day – 1992 Light Car Company Rocket". Hemmings Daily. Consultado o 28 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas