Christa McAuliffe

Christa McAuliffe
Datos persoais
Nacemento2 de setembro de 1948
LugarBoston
Falecemento28 de xaneiro de 1986
CónxuxeSteven J. McAuliffe
Actividade
MisiónsSTS-51-L
PremiosMedalla de Honra Espacial do Congreso
editar datos en Wikidata ]

Sharon Christa McAuliffe, nada en Boston, Massachusetts, o 2 de setembro de 1948 e finada o 28 de xaneiro de 1986, foi unha astronauta estadounidense finada durante o accidente do transbordador espacial Challenger.[1][2]

Traxectoria

McAuliffe graduouse na facultade Framingham do estado en 1970 e tiña un máster en educación pola facultade Bowie do estado en 1978.[1][2]

Foi seleccionada como astronauta en xullo de 1985 para o proxecto da NASA "Profesor no espazo" e asignada á misión STS-51-L do transbordador espacial Challenger, que foi destruído aos poucos segundos do lanzamento, falecendo toda a tripulación.[1][2]

Anverso do dólar de prata Christa McAuliffe (2021).

En 2021, a Casa da Moeda dos Estados Unidos honrou a súa figura coa emisión conmemorativa do "dólar de prata Christa McAuliffe".

En 1988 a Unión Astronómica Internacional nomeu un cráter na súa honra, o máis pequeno dos sete adicados aos tripulantes do Challenger.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "McAuliffe, Sharon Christa Corrigan" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (abril de 2007). "S. CHRISTA CORRIGAN MCAULIFFETEACHER IN SPACE PARTICIPANT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  3. Altschuler e Ballesteros (2016)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Altschuler, D. R.; Ballesteros, F. J. (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Next Door Publishers / Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 9788494924583

Outros artigos