Cidade de San Marino
Città di San Marino (it) | |||||
Epónimo | Mariño diácono | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | San Marino | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.040 (2018) (569,82 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7,09 km² | ||||
Altitude | 675 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 301 | ||||
Santo padrón | Mariño diácono | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Tomaso Rossini (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | RSM-47890 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SM-07 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | sanmarinosite.com… |
A Cidade de San Marino, dita tamén simplemente San Marino (en italiano Città di San Marino) é a capital da República de San Marino, situada sobre o monte Titano, na Península Itálica. No ano 2006 tiña 4.426 habitantes.
Características xerais
É a terceira poboación do país, tras Borgo Maggiore e Dogana. Subdivisión de Serravalle) e tamén a cabeza do castello homónimo, cunha extensión de 7,09 km², que comprende aínda algunhas divisións como Murata.
Xeografía
A Cidade de San Marino está sita a 675 m sobre o nivel do mar, sobre o monte Titano, cuxa cima se acha a 749 m. O territorio do seu concello (castello) confina cos castelli de Acquaviva, Borgo Maggiore, Fiorentino e Chiesanuova e máis co concello (comune) italiano de San Leo.
Freguesías (curazie)
- Cà Berlone
- Canepa
- Casole
- Castellaro
- Montalbo
- Murata
- Santa Mustiola
Historia
A lenda atribúe a fundación da Cidade de San Marino en 301 a San Mariño. Logo de obter estatuto municipal no ano 1295, ampliou o seu territorio até chegar aos actuais confíns no 1463, despois de combater contra os Malatesta.
A ver
- O Palazzo Pubblico, de estilo neogótico, foi reconstruído sobre os alicerces do orixinario "Parva Domus Communis", polo arquitecto Francesco Azzurri, en (1894).
- A Basílica de San Marino.
- A Igrexa de San Francesco.
- A Pinacoteca-Museo, anexo á igrexa anterior, do século XIV.
- A Igrexa de San Pietro.
- O Museo do Estado.
- A Ara dei Volontari.
- O Teatro Titano, do XVIII.
- Poden visitarse tamén dúas das tres torres no monte Titano.
Patrimonio Mundial da Humanidade
Desde 2008 o centro histórico foi inscrito pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade, formando parella co Monte Titano.[1] O motivo exposto polo comité fala do "testemuño de continuidade dunha república libre desde o Medioevo".[2] En pormenor foron inscritos no patrimonio: torres, murallas, portas e bastións, unha basílica neoclásica do ottocento, algúns conventos do XIV e XVI, o Teatro Titano do século XVIII e máis o Palazzo Pubblico do século XIX.[2]
Personalidades ligadas a San Marino
- Giuliano Gozi, político.
Transportes e infraestruturas
A cidade conta cun funicular que a comunica con Borgo Maggiore. A estrada principal é a SS 72, de 4 carrís en case todo o seu percorrido, e que a une directamente con Rimini.
Desde 1932 a 1944 funcionou o Ferrocarril Rimini-San Marino, completamente financiada pola Italia fascista de Benito Mussolini, logo dun acordo en 1927. Foi destruída o 26 de xuño de 1944, tras os bombardeos realizados pola Desert Air Force, durante a segunda guerra mundial. Foi desmontada entre 1958 e 1960.
Galería de imaxes
-
Palazzo Pubblico de San Marino
-
Lo Stradone, a rúa principal da Cidade
-
A torre Guaita
-
A Fortaleza
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- (en inglés) (en italiano) Castello de San Marino
- (en inglés) (en francés) (en italiano) Web da oficina turística de San Marino