Óso cigomático
O óso cigomático é un óso da faciana tamén coñecido como malar. Presenta dúas caras, catro bordos e catro ángulos. Articúlase tanto con ósos do cranio (frontal, temporal e esfenoide) coma con ósos da faciana (maxilar superior). É ademais un óso dobre.
Cara anterior
É unha superficie lisa, destinada á inserción de dous músculos da mímica: o cigomático maior e o menor.
Cara posterior
Forma parte da fosa cigomática. Relaciónase co músculo temporal
Bordo superior
Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do frontal.
Bordo inferior
Articúlase co maxilar inferior.
Bordo anterior
É un punto bastante superficial do óso. Relaciónase coa bolsa adiposa de Bichat.
Bordo posterior
Articúlase coa apófise cigomática do temporal constituíndo o arco cigomático.
Ángulo supero-interno
Forma parte da parede externa da órbita.
Ángulo supero-externo
Relaciónase co músculo temporal.
Ángulo infero-externo
Relaciónase co músculo maseter
O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior.