Cinto de Van Allen
O Cinto de Van Allen son dous cintos de radiación onde ocorren varios fenómenos atmosféricos debidos a concentracións de partículas no campo xeomagnético da Terra, descubertas en 1958 por James Van Allen. As radiacións de Van Allen non ocorren, salvo raras excepcións, nos polos e si na rexión ecuatorial, e forman dous cintos en forma de aneis, con centro no ecuador.
O máis interno esténdese entre as altitudes de mil e cinco mil quilómetros, a súa intensidade máxima ocorre de media aos tres mil quilómetros e consiste en protóns altamente enerxéticos e de igual intensidade en todas as direccións, e electróns igualmente enerxéticos pero co máximo de intensidade nunha dirección determinada, que se orixinan polo decaemento de neutróns producidos cando raios cósmicos vidos do espazo exterior chocan cos átomos e moléculas da atmosfera terrestre, parte dos neutróns é expulsada da atmosfera e desintégranse en protóns e electróns ao atravesar esta rexión do Cinto. Esas partículas móvense en traxectorias espirais ao longo de liñas de forza do campo magnético terrestre.
O segundo Cinto fica situado entre 15.000 e 25.000 km, contén tamén partículas electricamente cargadas de orixe tanto atmosférica como solar, e son principalmente ións de helio traídos polo vento solar. As partículas máis enerxéticas deste son electróns cuxa enerxía atinxe varios centos de millares de electróns-volt. Os protóns son moito menos enerxéticos que os do primeiro Cinto, non obstante o seu fluxo é máis intenso.
Non existe entre os dous cintos unha delimitación e fúndense en altitudes variables. Durante os períodos de intensa actividade solar, gran parte das partículas electricamente cargadas vidas do Sol conseguen romper a barreira formada polos cintos de radiación de Van Allen, que ao alcanzar a alta atmosfera producen os fenómenos de auroras polares e as tempestades magnéticas.
Véxase tamén
Bibliografía
- Candel Vila, R. (1978). Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |