Circuíto urbano de Long Beach

Circuíto urbano de Long Beach
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Long Beach (California, EUA)
Lonxitude
Curvas 13
Volta rápida
Piloto récord
Escudería récord
Coordenadas Coordenadas: 33°45′52″N 118°11′27″O / 33.76438056, -118.19079167
Vista do Circuíto
Vista

O circuíto urbano de Long Beach é un circuíto de carreiras urbano situado en Long Beach (California, Estados Unidos). Nel disputouse o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de Fórmula 1 entre 1976 e 1983, e o Gran Premio de Long Beach da Champ Car World Series desde a tempada 1984 ata a data, así como carreiras de automóbiles históricos, a American Le Mans Series, a Formula Drift e a Förmula Atlantic.

Logo da unificación da Champ Car e a IndyCar Series no ano 2008, o Gran Premio de Long Beach e a carreira no Twin Ring Motegi disputáronse no mesmo fin de semana, ambas as válidas para o campionato da IndyCar Series.

O trazado do circuíto, duns tres quilómetros de extensión, modificouse tres veces durante os oito anos como data da Fórmula 1, e moitas veces máis como parte da Champ Car. Todos incluíron unha longa recta pola vía da costa, cerca do porto, e numerosas curvas de 90 graos e pinzas pechadas.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto urbano de Long Beach

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1976 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 1:53:18.471 h 3´251 km 80 137´720 km/h 28. Marzo Estados Unidos
1977 Mario Andretti Lotus-Ford 1:51:35.470 h 3´251 km 80 139´839 km/h 3. Abril
1978 Carlos Reutemann Ferrari 1:52:01.301 h 3´251 km 80 140´172 km/h 2. Abril
1979 Gilles Villeneuve Ferrari 1:50:25.40 h 3´251 km 80 142´201 km/h 8. Abril
1980 Nelson Piquet Brabham-Ford 1:50:19.4 h 3´251 km 80 142´348 km/h 30. Marzo
1981 Australia Alan Jones Williams-Ford 1:50:41.33 h 3´251 km 80 141´860 km/h 15. Marzo
1982 Austria Niki Lauda McLaren-Ford 1:58:25.318 h 3´428 km 75 131´131 km/h 4. Abril
1983 John Watson Mclaren-Ford 1:53:34.889 h 3´275 km 75 129´753 km/h 27. Marzo