Cistationina
Cistationina | |
---|---|
Ácido 2-amino-4-(2-amino-2-carboxi-etil) tio-butanoico | |
Outros nomes L-Cistationina; S-[(2R)-2-Amino-2-carboxietil]-L-homocisteína | |
Identificadores | |
Número CAS | 56-88-2 |
PubChem | 834 |
ChemSpider | 811 |
KEGG | C00542 |
MeSH | Cystathionine |
ChEBI | CHEBI:17755 |
ChEMBL | CHEMBL209241 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C7H14N2O4S |
Masa molecular | 222,263 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A cistationina[1][2][3] é un aminoácido intermediario na ruta de síntese de cisteína. Ten dous grupos carboxilo e dous grupos amino, xa que se orixina pola fusión de dous aminoácidos, que quedan unidos por un átomo de xofre formando un tioéter asimétrico.
Xérase a partir da homocisteína e serina pola acción do encima cistationina beta sintase, que necesita fosfato de piridoxal como cofactor.[4]
É clivada (cortada) pola cistationina gamma-liase, orixinando cisteína e α-cetobutirato. Esta reacción é dependente do fosfato de piridoxal e nela a cistationina perde un dos seus grupos amino (por iso se forma o cetoácido, sen o grupo amino).[4]
Un exceso de cistationina na urina denomínase cistationinuria, que se debe a unha deficiencia de cistationina gamma-liase.
Notas
- ↑ PubChem compound - Cystathionine
- ↑ ChemSpider - Cystathionine
- ↑ CHEBI - Cystathionine
- ↑ 4,0 4,1 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 619-620. ISBN 84-282-0738-0.