Ciudad del Este

Modelo:Xeografía políticaCiudad del Este
Táva Kuarahyresẽme (gn) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aleste Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 25°31′S 54°37′O / -25.52, -54.62Coordenadas: 25°31′S 54°37′O / -25.52, -54.62
EstadoParaguai
DepartamentosAlto Paraná
Distrito (pt) TraducirCiudad del Este (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación308.983 (2022) Editar o valor em Wikidata (2.073,71 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
lingua guaraní Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie149 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Paraná Editar o valor em Wikidata
Altitude185 m Editar o valor em Wikidata
Creación3 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónBrais de Sebaste Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivocabinet of Ciudad del Este (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoMunicipal Board of Ciudad del Este (en) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 9) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal7000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico061 Editar o valor em Wikidata

Sitio webmcde.gov.py Editar o valor em Wikidata

Ciudad del Este é unha cidade do extremo leste de Paraguai, capital do departamento de Alto Paraná, situada a 327 km da capital do país, Asunción.

Pola súa poboación e desenvolvemento económico, é a segunda maior cidade de Paraguai, con 312 652 habitantes; a súa área metropolitana ten máis de 800 000 habitantes se se inclúe a cidade de Foz do Iguaçu e máis de 500 000 contando só os que viven no departamento.

Forma parte da chamada zona da Tríplice Fronteira, pois o territorio paraguaio ten contacto co brasileiro na Foz do Iguaçu, e co arxentino en Puerto Iguazú.

É chamada "Cidade Xardín" pola vexetación nas áreas urbanas, aínda que o crecemento da cidade está a diminuír as súas zonas verdes.

Historia

Foi fundada por decreto o 3 de febreiro de 1957, co nome de "Puerto Flor de Lis". Este nome cambiouse a Puerto Presidente Stroessner, en homenaxe ao ditador Alfredo Stroessner, ata que foi derrocado no golpe de Estado do 3 de febreiro de 1989.

Xeografía

Diante dela está a cidade brasileira de Foz do Iguaçu; ambas as dúas están ligadas pola Ponte da Amizade, que foi inaugurado en dúas fases, a primeira en 1961, cando atravesou dun lado ao outro e a final en 1965.

Clima

O clima de Ciudad del Este é subtropical húmido. A temperatura media anual é de 22 °C. A precipitación media anual é abundante, con preto de 1850 mm.

O verán é quente, cunha media en xaneiro de 27 °C. A alta humidade xeralmente volve a calor sufocante. O inverno é frío, cunha temperatura media de xullo de 17 °C. As temperaturas máis extremas chegan raramente a 1 °C ou superan os 38 °C.

Días anubrados son máis comúns no inverno, mais a choiva é máis habitual no verán, cando por veces estalan tormentas moi fortes, de xeito que caen grandes cantidades de auga nun curto espazo de tempo. No inverno son débiles, pero o orballo é común. Polo tanto, non se pode dicir que a cidade teña choivas estacionais.

No inverno de 1982, nevou por primeira vez nesta cidade, a segunda caída de neve rexistrada no país. Entre novembro e decembro de 2009 houbo catro principios de tornados, mais ningún chegou a se desenvolver na súa totalidade (é común ver vórtices inferiores do río Paraná).

Demografía

Segundo estimacións de 2011, Ciudad del Este ten 396 091 habitantes, sendo a primeira cidade do Alto Paraná en termos de crecemento da poboación, sendo a segunda do país. En segundo lugar a nivel departamental está Hernandarias, tras elas Ciudad Presidente Franco. O cuarto posto entre os distritos máis poboados está entre Minga Guazú e Santa Rita. Esta última cidade experimentou un crecemento rápido nos últimos anos.

A maior taxa de crecemento no departamento tamén pertence a Ciudad del Este, con preto de 9-10% anual. O contraste dese crecemento é a cidade de Juan León Mallorquín, que experimentou un crecemento insignificante nos últimos anos.

A poboación nesta rexión, especialmente en Ciudad del Este está composta por un sector importante de estranxeiros, especialmente árabes, chineses, coreanos, xaponeses e brasileiros. Máis do 60% dos habitantes do Alto Paraná concéntrase nas áreas urbanas.

Urbanismo

En principio, a cidade foi planeada urbanisticamente. Por exemplo, planeouse que a cidade tería un aeroporto, un lago artificial e zonas residenciais. Porén, o seu crecemento sorprendeu a todos, polo que a planificación da parte urbana foise improvisando. Un exemplo é a prisión Rexional, que foi situado nun barrio residencial, ou o antigo aeroporto, que agora está nun lugar moi transitado nas inmediacións do centro da cidade.

Economía

Ponte de la Amistad

É a segunda cidade máis importante do país trala cidade de Asunción.

A economía da cidade diversificouse, principalmente en agronegocios, pois en Ciudad del Este establécense as maiores empresas agrícolas do país. Ademais, igual ao que acontece con todo o Paraguai, depende moito do comercio co Brasil.

A pesar de que Ciudad del Este non ten áreas rurais, converteuse nun centro rexional para outros centros urbanos adxacentes como Hernandarias, Presidente Franco e Minga Guazú.

Turismo

Aínda que o turismo de compras é o que máis caracteriza a Ciudad del Este, na área hai moitas atraccións turísticas de varios tipos:

  • 20 quilómetros ao norte, en Hernandarias, está a Represa de Itaipú, unha das maiores centrais hidroeléctricas do mundo.
  • 8 km ao sur están os saltos do Monday, fervenza no río do mesmo nome.
  • A 26 km ao sur, está o Monumento Científico Moisés Bertoni, unha área protexida onde está a casa na que o sabio fixo as súas investigacións e publicacións.
  • A 20 quilómetros ao leste, na fronteira entre a Arxentina e o Brasil están as maxestosas Cataratas do Iguazú.
  • O lago de la República, que está situada no centro da cidade é un espazo de lecer e está rodeado por vexetación. Este lago aproveita as augas do regato Amambay, e nos seus arredores prácticanse deportes e sendeirismo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas