Claude Chabrol
Claude Chabrol | |
---|---|
Nome completo | Claude Henri Jean Chabrol |
Nacemento | 24 de xuño de 1930 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 12 de setembro de 2010 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | cancro |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise e Grave of Chabrol |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Universidade de París |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, press agent, guionista, produtor de cinema, crítico de cinema, actor, realizador e produtor |
Cónxuxe | Stéphane Audran e Aurore Chabrol |
Fillos | Matthieu Chabrol e Thomas Chabrol |
Premios | National Society of Film Critics Award for Best Foreign Language Film, Premio Louis-Delluc, European Film Academy Lifetime Achievement Award, Oso de Ouro e Pipe Smoker of the Year |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Claude Chabrol, nado en París o 24 de xuño de 1930 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 2010,[1][2] foi un director de cinema francés.
Traxectoria
Foi xunto a Jean-Luc Godard e Jacques Rivette un dos últimos sobrevivente da Nouvelle Vague, e a quen se lle atribúe principiar o movemento,[3] demostrando que máis que un movemento de grupo, a Nouvelle Vague foi un movemento de individuos que coincidiron á vez no espazo e no tempo na redacción de Cahiers du Cinéma, baixo a dirección de André Bazin. Foi crítico de cine nesa revista durante a década do anos 50.[4]
Considérase a súa primeira película (Le Beau Serge, 1959) o Manifesto da Nouvelle Vague e coa segunda (Les Cousins) gañou o Oso de Ouro á mellor película na novena edición do Festival de Berlín do mesmo ano.[4]
Case octoxenario, seguiu realizando películas tras máis de 50 anos de profesión.
Vida privada
Casou en 3 ocasións: con Àgnes Goute (entre 1952 e 1964), con Stéphane Audran (de 1964 a 1980) e con Aurore Chabrol dende 1983 até o seu falecemento en 2010.
Obra
|
|
Notas
- ↑ "A Nouvelle Vague di adeus tras a morte de Chabrol" Arquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia o 13 de setembro de 2010.
- ↑ "Le cinéaste Claude Chabrol est mort". lefigaro.fr (en francés). 12-09-2010. Consultado o 23-02-2019.
- ↑ "Claude Chabrol. Biografía". imdb.com. Consultado o 18-11-2017.
- ↑ 4,0 4,1 Gili &Tesson & Sauvaget & Viviani (2006), pp. 67-68
Véxase tamén
Bibliografía
- Gili, Jean A.; Tesson, Charles; Sauvaget, Daniel; Viviani, Christian (2006). Los grandes directores de cine. Ed. Ma non Troppo. ISBN 978-84-96924-23-9.
Ligazóns externas
- Vídeo de Claude Chabrol, en 1970, fala da súa carreira cinematográfica. (en francés)
- Ficha en IMDb