Claudia Momoni
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1963 (60 anos) Roma, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Lingua | Lingua italiana |
Claudia Momoni, nada en Roma o 27 de novembro de 1963, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.
Traxectoria
Logo de se diplomar no Instituto Artístico Estatal en Roma, Claudia Momoni ingresou na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, onde se graduou en 1985.[1]
Logo do seu período formativo comezou a traballar no sector da ourivaría, onde adquiriu experiencia coa estampaxe, o cicelado, a modelaxe en cera, a fundición a cera perdida e o deseño de xoias.[1]
Logo de participar nun concurso de esbozos en 1993, foi contratada como gravadora no Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.[1]
Obra
Claudia Momoni é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e a República de San Marino.[1][2]
Entre as súas obras máis populares está o anverso nacional italiano da moeda de 10 céntimos de euro que reproduce a Venus de Botticelli.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Claudia Momoni". Mebnet.altervista.org
- ↑ Catálogo de moedas deseñadas por Claudia Momoni. Numista.com
- ↑ "10 Euro Cent". Numista.com