Clostridium pasteurianum
Clostridium pasteurianum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia[3] | |||||||||||||||
|
Clostridium pasteurianum (anteriormente chamada Clostridium pastorianum) é unha especie de bacteria descuberta en 1890 polo microbiólogo ruso Sergei Winogradsky. Foi o primeiro microorganismo de vida libre (non simbiótico) descuberto que podía fixar o nitróxeno libre do aire.[4]
Clostridium pasteurianum é un produtor de ácidos carboxílicos.[5] Ten a capacidade de converter carbohidratos a butirato, acetato, dióxido de carbono e hidróxeno molecular por medio da fermentación. Igual que Clostridium acetobutylicum, Clostridium pasteurianum tamén ten a capacidade de cambiar da produción de ácido á de substancias que se usan industrialmente como disolventes en certas condicións, Realizáronse varios intentos de documentar as súas condicións de crecemento; porén, aínda non está claro se os parámetros de crecemento que se sabe orixinan unha produción de disolventes favorable en C. acetobutylicum xogan un papel significativo na regulación do metabolismo de C. pasteurianum de xeito similar. Produce a alteración gasosa de froitas doces enlatadas e tomates e non se desenvolve a un pH inferior a 3,7.[6]
C. pasteurianum é un organismo mesófilo.[7]
Taxonomía
Inicialmente recibiu o nome de Clostridium pastorianum dado por Winogradsky, pero posteriormente foi cambiado á súa ortografía actual.[4]
Morfoloxía
Clostridium pasteurianum é unha bacteria grampositiva grande con forma de bacilo e formadora de esporas. É unha bacteria do solo e un anaerobio obrigado.[4]
Notas
- ↑ "Taxonomy Browser (Clostridium pasteurianum)". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ "Taxon passport: Clostridium pasteurianum". StrainInfo. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ "Clostridium pasteurianum - Taxonomy Browser". StrainInfo. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Dworkin, Martin; Gutnick, David (marzo de 2012). "Sergei Winogradsky: a founder of modern microbiology and the first microbial ecologist". FEMS Microbiology Reviews 36 (2): 364–79. PMID 22092289. doi:10.1111/j.1574-6976.2011.00299.x.
- ↑ Abbad-Andaloussi, Samir; Amine, Jamal; Gerard, Philippe; Petitdemange, Henri (1997-07-10). "Effect of glucose on glycerol metabolism by Clostridium butyricum". Journal of Applied Microbiology 84 (4): 515–522. PMID 9633649. doi:10.1046/j.1365-2672.1998.00374.x.
- ↑ Dabrock, Bahl, Gottschalk, Birgit, Hubert, Gerhard (21 de xaneiro de 1992). "Parameters Affecting Solvent Production by Clostridium pasteurianum". Applied and Environmental Microbiology (American Society for Microbiology) 58 (4): 1233–9. PMC 195580. PMID 16348691. doi:10.1128/AEM.58.4.1233-1239.1992.
- ↑ "Clostridium pasteurianum: Organism Metadata". JGI Genomes Online Database. Consultado o 29 de novembro de 2015.