Club Olimpia
Olimpia | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Olimpia | ||
Alcume(s) | Decano, La O, El Franjeado | ||
Fundación | 1902 | ||
Estadio | Manuel Ferreira ,Asunción | ||
Inauguración | 1964 | ||
Capacidade | 15.000 | ||
Presidente | Marcelo Recanate | ||
Adestrador | Gregorio Pérez | ||
Liga | Primeira División | ||
Clausura 2011 | 1º | ||
Na rede | |||
http://www.olimpia.com.py/ | |||
| |||
O Club Olimpia é unha entidade deportiva e social de Asunción, en Paraguai, cuxa sección de fútbol é a máis salientable. O club foi fundado en 1902, e nos seus 109 anos de historia ten acadado máis títulos que ningún outro club deportivo do país, tanto a nivel nacional como continental. Das 6 finais da Copa Libertadores que ten disputado, gañou 3, en 1979, 1990 e 2002, o cal fai deste club un dos máis laureados do continente suramericano. A súa rivalidade co Cerro Porteño é de longo a máis importante do fútbol de Paraguai.
Palmarés
Títulos nacionais
- Primeira División de Paraguai (38) = 1912, 1914, 1916, 1925, 1927, 1928, 1929, 1931. 1936, 1937, 1938, 1947, 1948, 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1965, 1968, 1971, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1985, 1988, 1989, 1993, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000
Títulos continentais
- Copa Libertadores (3) = 1979, 1990, 2002
- Copa Intercontinental (1) = 1979
- Recopa Suramericana (2) = 1991, 2003
- Copa Interamericana (1) = 1980
- Supercopa Suramericana (1) = 1990
Estadio
O Club Olimpia xoga os seus encontros como local no Estadio Manuel Ferreira, da súa propiedade, construído en 1965, e que ten capacidade para acoller 15.000 seareiros. Anunciouse unha reforma do estadio para que no futuro poida acoller ata 42.000 persoas nas súas bancadas.