O Club Deportivo Lalín é un club de fútbol galego da vila de Lalín. Fundado en 1974, na actualidade milita no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Historia
Foi fundado en novembro de 1974, logo de case dez anos sen fútbol federado na vila e despois da desaparición do Campo da Leiteiría. O primeiro presidente foi Ángel Nistal Peña. Rematadas as obras do estadio Municipal, en 1976 o equipo participou por vez primeira en competicións oficiais na liga da montaña (2ª categoría Rexional), con Modesto Cao na presidencia. Xa na tempada 1978-79 pasou a presidir o equipo Manuel Anxo Cortizo Blanco, e planificouse o ascenso a Primeira Rexional, que se acadou tras lograr o campionato con cinco puntos de vantaxe co seu inmediato seguidor.
Debutou na Terceira División en 1981, e na tempada 1984-85 conseguiu o primeiro dos catro ascensos logrados a Segunda División B. No ano 2013 acadou a Copa Deputación de Pontevedra.
Datos do club
Xogadores do CD Lalín, 2023-24.Estadio Manuel Ángel Cortizo.