Coburgo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Regierungsbezirk | Alta Franconia ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Beiersdorf (en) ![]() Bertelsdorf (en) ![]() Cortendorf Creidlitz (en) ![]() Ketschendorf (en) ![]() Lützelbuch Neu- und Neershof (en) ![]() Neuses (en) ![]() Rögen (en) ![]() Scheuerfeld Seidmannsdorf Wüstenahorn ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 42.139 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 48,29 km² ![]() | ||||
Bañado por | Itz e Lauter (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 292 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Norbert Kastner (pt) ![]() Norbert Tessmer (pt) ![]() Dominik Sauerteig (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 96450 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 09561 ![]() | ||||
Código NUTS | DE243 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 094630000000 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 09463000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Garden City (1951–) Oudenaarde (1972–) Niort (1974–) Gais (pt) ![]() Illa de Wight (1983–) Cobourg (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | coburg.de ![]() |

Coburgo (en alemán: Coburg) é unha cidade alemá do Estado federado de Baviera, na rexión da Alta Franconia, cerca de Bamberg.
Coburg é a sede dun colexio técnico desde 1971. E desde 2005 recibiu o título de Cidade Europea. Veste Coburg, un dos complexos de castelos máis grandes de Alemaña, érguese sobre a cidade.
Xeografía
Situada a unha altitude nedia de 296 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 48,3 km².
Segundo o censo de 31 de decembro de 2021 a súa poboasción era de 40 955 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 848 hab./km².
Historia

A cidade de Coburgo fundouse durante a Alta Idade Media como un lugar de paso das numerosas rutas comerciais que cruzaban o centro de Europa. En 1353, tras varias disputas nobiliarias, o territorio de Coburgo pasou a depender da casa saxoa de Wettin.
No século XVII constituíuse como capital do Ducado de Saxonia-Coburgo, ao cal incorporaría os territorios Saalfeld e de Gotha ao longo do século XVIII.
Debido a un referendo popular, o ano 1920 incorporouse a Baviera, en vez de a Turinxia. Este feito fixo que, tras a segunda guerra mundial pertencera á República Federal de Alemaña.
A súa proximidade ao chamado Telón de aceiro fixo que durante a guerra fría a cidade resultara pouco favorecida economicamente e que, tras a Reunificación alemá, vivise unha forte revitalización.
Foi a primeira cidade de Alemaña en ter un alcalde do Partido Nazi, no ano 1931.
Relixión
O 55 % da poboación é protestante, un 20,2 % católica e un 24,8 % doutras relixións ou atea.
Notas
- ↑ Genesis Online-Datenbank des Bayerischen Landesamtes für Statistik Tabelle 12411-003r Fortschreibung des Bevölkerungsstandes: Gemeinden, Stichtag (Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en alemán).