Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil
Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil | |
---|---|
Sede da CIAIAC, en Madrid | |
Tipo | axencia de investigación de accidentes aéreos |
Data de fundación | 1974 |
Organización matriz | Subsecretaría de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana |
Sede | Madrid |
País | España |
40°24′49″N 3°43′51″O / 40.41365, -3.7309 | |
Na rede | |
http://www.ciaiac.es/ e http://www.mfom.es/ciaiac/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC) é un organismo oficial de carácter estatal encargado de investigar accidentes aéreos acontecidos dentro do estado español. Está adscrito á Secretaría de Estado de Transportes do Ministerio de Fomento.
Características
As investigacións da CIAIAC non van dirixidas a establecer responsabilidades senón que teñen un carácter técnico. O seu obxectivo, polo tanto, é determinar as causas dos accidentes aéreos para previlos no futuro. Tras cada accidente, a CIAIAC elabora un informe que contén a análise do accidente, as conclusións sobre o mesmo e unha serie de recomendacións de seguridade para que non aconteza de novo. A CIAIAC elabora tamén unha estadística detallada de tódolos accidentes e incidentes aéreos que se producen en España.
A sede da CIAIAC atópase no distrito madrileño de Latina.[1]
Membros
- Juan Pérez Mercader (físico), dende o 2002.
Notas
- ↑ "Contáctenos Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine.." Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil. Consultado o 1 de maio de 2011. "Dirección Edificio Comisión de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil"
Véxase tamén
Outros artigos
- Seguridade aérea
- Xunta Nacional de Seguridad do Transporte (National Transportation Safety Board), organismo equivalente nos Estados Unidos de América.
- Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA)
- Voo 8261 de Binter Mediterráneo
- Voo 5022 de Spanair
- Voo 226A de Britannia Airways
Ligazóns externas
- Sitio web da CIAIAC Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- Estadística de accidentes aéreos en España 1990-2007