Concello de Kungsbacka

Modelo:Xeografía políticaConcello de Kungsbacka
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
 57°29′00″N 12°04′00″L / 57.483333333333, 12.066666666667
EstadoSuecia
Condadocondado de Halland Editar o valor en Wikidata
CapitalKungsbacka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación85.792 (2024) Editar o valor en Wikidata (58,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.472,93 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkungsbacka.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: kungsbackakommun Twitter: Kbakommun Instagram: jobba_i_kungsbacka_kommun LinkedIn: kungsbacka-kommun/ Youtube: UCwLoxKC2ETcTUrJh7X_CidA GitHub: Kungsbacka Editar o valor en Wikidata

Kungsbacka é un concello sueco (kommun) do condado de Halland.[1] Pertence á área metropolitana de Gotemburgo e é membro da asociación municipal da rexión de Gotemburgo. A súa capital é a localidade de Kungsbacka. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 85 792 habitantes.[2]

O concello atópase ao longo da costa do Kattegat e a súa natureza é moi diversa. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector público.

Xeografía

O concello está no norte do landskap de Halland. Limita ao sur co concello de Varberg no condado de Halland, ao oeste co Kattegatt, ao norte cos concellos de Gotemburgo e Mölndal, e ao leste co de Mark no condado de Västra Götaland. En dirección nordés-suroeste flúe o río Kungsbackaån, que desemboca no fiorde de Kungsbacka, e un pouco máis ao sur desemboca o río Rolfsån.

Notas

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-05. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-07.