Conchita Wurst

Conchita Wurst
Nome completoThomas Neuwirth
AliasConchita Wurst
Data nacemento6 de novembro de 1988 (35 anos)
Nado enGmunden, Austria
OcupaciónCantor
XéneroPop
Instrumento(s)Voz
Tempo en activoDende 2006
PseudónimoConchita Wurst e Conchita
Na rede
http://www.conchitawurst.com/
IMDB: nm2535973 Facebook: ConchitaWurst Twitter: ConchitaWurst Instagram: conchitawurst Youtube: UCy6wwVk8XMIVmiqql62BRFQ Spotify: 1TGdxJ3UvFq055SVjwx49v iTunes: 478809954 Musicbrainz: 95f44a54-04d6-41a1-8101-bbd6d833b30a Songkick: 8411743 Discogs: 3749389 Allmusic: mn0003241275 Deezer: 1473841 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thomas "Tom" Neuwirth, máis coñecido polo seu personaxe, Conchita Wurst, nado o 6 de novembro de 1988, é un cantante austríaco. No papel de Conchita Wurst, representou a Austria no Festival de Eurovisión 2014, en Dinamarca, coa canción "Rise Like a Phoenix", gañando o concurso cun total de 290 puntos.

Biografía

Antes de asumir o papel de Conchita, Tom Neuwirth participou no programa de talentos austríaco Starmania, no que quedou en segundo lugar, sendo superado por Nadine Beiler, representante de Austria en 2011. No ano 2007, fundou a boy band bandAnders Jetzt!, disolvéndose esta nese mesmo ano. Dende aquela adicouse a decorar escaparates.

Xa en 2011, Tom volveu á televisión baixo o nome e aparencia de Conchita Wurst (Wurst significa salchicha en alemán) dándolle así un xiro de 180º a súa imaxe, nun concurso de talentos chamado Die große Chance, onde quedou en 6º lugar. No ano 2012, presentouse á preselección austríaca para Eurovisión coa canción That´s What I Am, quedando finalmente segunda. Ao ano seguinte participou en distintos programas de telerealidade como Die härtesten Jobs Österreichs (Os traballos máis duros de Austria), onde traballou nunha piscifactoría, e en Wild Girls, onde un grupo de candidatos tivo que sobrevivir nos desertos de Namibia coa poboación nativa.

Aínda que Tom naceu en Austria, o personaxe de Conchita preséntase nas biografías como nada en Colombia.

Eurovisión 2014

Tom Neuwirth sen caracterizar.

De forma interna, a ORF seleccionou a Conchita para representar a Austria no Festival de Eurovisión 2014, facéndose público en setembro de 2013 e xa en marzo de 2014 deuse a coñecer a canción "Rise like a Phoenix"[1], de corte clásico e similar ás bandas sonoras das películas de James Bond.

Austria nun primeiro momento non partía como favorita nas casas de apostas. Isto cambiou cando tras a súa actuación na 2ª semifinal do festival, ao gañala cun total 169 puntos. A partir dese momento, e nos dous días posteriores colocouse como unha das favoritas a conseguir a vitoria na Gran Final celebrada o 10 de maio, na cal gañou cun total de 290 puntos,[2] quedando en segundo lugar Holanda con 238 e en terceiro lugar Suecia con 218.

Conchita Wurst, participando en Eurovisión 2014

A súa participación no festival xerou unha gran polémica, xa que no seu propio país tras pasar catro días dende a súa elección 31.000 persoas seguían unha páxina no Facebook chamada "Anti-Wust"[3]. En outubro, o Ministerio de Información de Belarús recibiu uha petición dos cidadáns para que a emisora estatal BTRC non emitise a actuación de Wurst no Festival de Eurovisión. Nesta petición alegábase que Eurovisión se convertería "nun viveiro de sodomía". En decembro algo similar sucedeu en Rusia.

Discografía

Sinxelos

Ano Título Posición nas listas de éxitos
AUT
[4]
2011 "Unbreakable" 32
2012 "That's What I Am" 12
2014 "Rise Like a Phoenix" 51

Notas