Condado de Blois

Primeiros condes de Blois: De azur, unha banda de prata, flanqueada separada por dúas liñas de ouro.
Condes de Blois da familia Châtillon
Condados de Francia sobre 1030.
Condados de Francia sobre 1180.

O condado de Blois era unha xurisdición feudal de Francia orixinada ao redor de 900. O primeiro vizconde do que temos noticia é Garnegaud, que faleceu no 906. O seu sucesor foi o cabaleiro borgoñón Teobaldo o Vello, que tamén recibiu o Vizcondado de Tours en 908 e en 940 converteuse no conde de Blois e Tours. Morreu en 943 e sucedeuno o seu fillo Teobaldo o Tramposo, que ao redor de 960 ocupou o condado de Chartres. O seu fillo Eudes I foi conde de Blois, Chartes, Tours, Chateaudun, Provins e Reims.

Morreu en 995 e sucedeuno o seu fillo Teobaldo II, morto en 1004. O seu irmán Eudes II engadiu aos seus dominios o condado de Meaux e o condado de Troyes. En 1019 morreu e os dominios foron divididos. A dinastía seguiu en Blois ata que morreu Teobaldo VI, que deixou unha filla, Margarida, que achegou os dominios á casa de Avesnes, pero morreu deixando herdeira á súa filla María, que os achegou á casa de Châtillon, en cuxas mans permaneceron ata 1397 cando foi entregado á casa de Orleáns por falta de descendencia.

Lista de condes de Blois

  • Tibald ou Teobaldo o Vello ? -940 (Vizconde de Blois).
  • Tibald ou Teobaldo I de Blois chamado o Tramposo, 940-978, vizconde de Blois, 956-978 conquista Chartres e Châteaudun e tomou o título de Conde de Blois, Chartres e Châteaudun 956-978.
  • Eudes ou Odón I de Blois, conde de Blois, de Chartres, e de Châteaudun 978-996, conde de Provins e de Reims.
  • Tibald ou Teobaldo II 996-1004 Conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims.
  • Eudes ou Odón II de Blois, 996-1037 Conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Provins e de Reims († 1037 ), conde consorte de Meaux ou Champaña como Eudes ou Odón I.
  • Tibald ou Teobaldo III 1037-1089 (fillo).
  • Estevo Henrique 1089-1102 (fillo).
  • Tibald ou Teobaldo IV o Grande 1102-1152 (fillo), conde de Champaña en 1125.
  • Tibald ou Teobaldo V o Bo 1152-1191 (fillo), conde de Blois e Chartres.
  • Lois de Blois, Chartres e Clermont, casado con Caterina, condesa de Clermont 1191-1205 (fillo).
  • Tibald ou Teobaldo VI 1205-1218 (fillo).
  • Margarida de Blois 1218-1230, condesa de Blois e Chateaudun (filla).
  • Gualterio II de Avesnes, consorte de Blois e Chartres, e conde de Guisa 1218-1230.
  • María de Avesnes (filla) 1230-1241.
  • Hugo de Châtillon, conde de Saint-Pol, consorte de Blois e Chartres 1230-1241.
  • Xoán I de Blois-Châtillon 1241-1280 (fillo).
  • Xoana de Blois-Châtillon 1280-1292 (filla).
  • Pedro de Francia, conde de Alençon e Valois, consorte de Blois e Chartres 1280-1283.
  • Hugo II de Blois-Châtillon 1292-1307 (curmán).
  • Guido I de Blois-Châtillon 1307-1342, (fillo) conde de Blois e Dunois.
  • Lois I de Blois-Châtillon, 1342-1346 (fillo), conde de Blois e Dunois.
  • Lois II de Blois-Châtillon 1346-1372 (fillo) Conde de Blois e Dunois.
  • Xoán II de Blois-Châtillon, 1372-1381, conde de Blois e Dunois (irmán).
  • Guido II de Blois-Châtillon 1381-1397, conde de Blois e Dunois, (irmán).
  • Á morte do seu herdeiro Lois en 1391, Guido cedeu para despois da súa morte os seus dominios a Lois I de Orleáns.

Xenealoxía da primeira dinastía de Blois

 | ->, Vizconde de Blois (†)
X Riquilda de Bourges, tamén coñecida como Riquilda do Maine (+ despois do 942)
|
| -> Ricardo, arcebispo de Bourges (†)
| ->, Conde de Blois, de Chartres, e de Châteaudun († aproximadamente)
| X Lietgarda de Vermandois
| |
| | -> Tibaldo († 962 )
| | -> Hugo, arcebispo de Bourges (969 † 985 )
| | -> Eudes ou Odón  I, Conde de Blois, Chartres, Chateaudun, Provins e Reims († 996 )
| | X Berta de Borgoña
| | |
| | | -> Tibaldo II, conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims († 1004 )
| | | -> Eudes ou Odón II, conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims, consorte de Meaux-Champagne († 1037 )
| | | X Matilde de Normandía
| | | X Ermengarda de Auvernia
| | | -> Agnes
| | X Godofredo II, vizconde de Thouars
| |
| | -> Emma de Blois
| X Guillerme Brazo de Ferro, conde de Poitiers
|
| -> NN.
X 1 Alan II da Bretaña, chamado Barba Torta
X 2 Fulque II o Bo († 958), conde de Anjou

Véxase tamén

Ligazóns externas