Congreso Ornitolóxico Internacional
Congreso Ornitolóxico Internacional | |
---|---|
Acrónimo | IOC |
Tipo | congreso |
Data de fundación | 1884 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: COI.
O Congreso Ornitolóxico Internacional (COI), dependente da Unión Ornitolóxica Internacional, é a maior e máis antiga reunión de ornitólogos.
Funcións
Entre outras, a principal función desta asemblea é a de fixar a clasificación científica das aves.
Reunións
O primeiro congreso realizouse en 1884, e seguiuse celebrando de forma irregular até 1926, desde cando se reúne periodicamente cada catro anos, coa excepción dos dous correspondentes ao período da segunda guerra mundial e á súa inmediata posguerra.
- 1884: Viena, Austria
- 1891: Budapest, Hungría
- 1900: París, Francia
- 1905: Londres, Reino Unido
- 1910: Berlín, Alemaña
- 1926: Copenhague, Dinamarca
- 1930: Ámsterdam, Países Baixos
- 1934: Oxford, Reino Unido
- 1938: Rouen, Francia
- 1950: Uppsala, Suecia
- 1954: Basel, Suíza
- 1958: Helsinqui, Finlandia
- 1962: Ithaca, Estados Unidos
- 1966: Oxford, Reino Unido
- 1970: A Haia, Países Baixos
- 1974: Canberra, Australia
- 1978: Berlín, Alemaña
- 1982: Moscova, Unión Soviética
- 1986: Otava, Canadá
- 1990: Christchurch, Nova Zelandia
- 1994: Viena, Austria
- 1998: Durban, Suráfrica
- 2002: Pequín, China
- 2006: Hamburgo, Alemaña
- 2010: Campos do Jordão, Brasil
- 2014: Toquio, Xapón
- 2018: Vancouver, Canadá
Véxase tamén
Bibliografía
- Carroll, John Edward: (1990): International environmental diplomacy: the management and resolution of transfrontier environmental problems. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-9564-9.
- Hoffman, Andrew J. and Marc J. Ventresca, eds. (2002): Organizations, policy and the natural environment: institutional and strategic perspectives. Palo Alto, California, Estados Unidos de América: Stanford University Press. ISBN 978-0-804-74196-5.