Consello Mundial de Automobilismo da FIA
O Consello Mundial de Automobilismo ou (FIA World Motor Sport Council) é o órgano máis poderoso da Federación Internacional do Automóbil (FIA). Decíde sobre as normas e regulamentos para todas as carreiras diferentes da FIA, desde o karting á Fórmula Un. Os seus membros son elixidos pola Asemblea Xeral da FIA, que conta con representantes dos clubs de automóbiles nacionais (ASN) de todo o mundo, é un dos dous Consellos Mundiais da FIA. O outro ocupase de cuestións tales como o turismo.
O Consello Mundial de Automobilismo reúnese tres ou catro veces ao ano para ter en conta as propostas das Comisións especializadas FIA. Conta actualmente con 26 membros, incluíndo o presidente da FIA Jean Todt e o propietario dos dereitos comerciais da Fórmula Un Bernie Ecclestone.
Lista dos membros (mandato 2009-2013)
Posición | Representante | Membro |
---|---|---|
Presidente | Francia | Jean Todt |
Vice-Presidente primeiro | Reino Unido | Graham Stoker |
Vice-Presidente | México | José Abed |
Vice-Presidente | Mónaco | Michel Boeri |
Vice-Presidente | Nova Zelandia | Morrie Chandler |
Vice-Presidente | Italia | Enrico Gelpi |
Vice-Presidente | España | Carlos Gracia Fuertes |
Vice-Presidente | Emiratos Árabes Unidos | Mohammed Ben Sulayem |
Vice-Presidente | Tanzania | Surinder Thatthi |
Membro | Bahrain | Sheikh Abdulla Bin Isa Alkhalifa |
Membro | Australia | Garry Connelly |
Membro | Grecia | Vassilis Despotopoulos |
Membro | Portugal | Luis Pinto de Freitas |
Membro | Croacia | Zrinko Gregurek |
Membro | China | Wan Heping |
Membro | Rusia | Victor Kiryanov |
Membro | República Dominicana | Henry Krausz |
Membro | India | Vijay Mallya |
Membro | Paraguai | Hugo R. Mersan |
Membro | República Checa | Radovan Novak |
Membro | Suecia | Lars Österlind |
Membro | Venezuela | Vicenzo Spano |
Membro | Singapur | Teng Lip Tan |
International Karting Federation (CIK) | ![]() | |
FIA Manufacturers' Commission | ![]() | |
Promotional Entity for the F1 Championship | ![]() |
Referenciass
- "FIA Elects World Council Members". fia.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 2009-10-23. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2011. Consultado o 2009-10-23.
Ligazóns externas
- Páxina da FIA (en inglés).