Constantino X Ducas
Constantino X Ducas | |
---|---|
Nacemento | 1006 |
Lugar de nacemento | Anatolia |
Falecemento | 22 de maio de 1067 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Soterrado | Igreja dos Santos Apóstolos |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | gobernante |
Cónxuxe | Eudocia Makrembolitissa |
Fillos | Andrónico Ducas, Constâncio Ducas, Anna Doukaina, Miguel VII Ducas, Teodora Ana Ducaina Selvo e Zoe Doukaina |
Irmáns | João Ducas |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Constantino X Ducas, nado en 1006 e finado en maio de 1067, foi emperador do Imperio Bizantino entre 1059 e 1067. Foi nomeado sucesor por Isaac I Comneno, antes de retirarse a un mosteiro, grazas ao consello de Miguel Psellos.
Traxectoria
Constantino estaba casado con Eudocia Macrembolitissa, sobriña de Miguel Cerulario. Tanto Eudocia como Miguel Psellos foron figuras moi poderosas durante o seu reinado. Valedor da aristocracia civil de Constantinopla, foi bastante impopular. Limitou considerabelmente o financiamento do exército, o que se traduciu en importantes perdas territoriais. Durante o seu reinado, perdéronse case todas as posesións bizantinas en Italia (fóra dun exiguo territorio ao redor de Bari) a mans do normando Roberto Guiscardo; tamén se produciron as invasións dos selxúcidas, guiados por Alp Arslan, quen conquistaron Armenia e Capadocia. Constantino, que xa era ancián cando accedeu ao poder, morreu en 1067.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Isaac I Comneno |
Constantino X Ducas | Precede a: Romano IV Dióxenes |
Dinastía Ducas-Comneno |
Véxase tamén
Bibliografía
- Norwich, John Julius: Breve historia de Bizancio. Editorial Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1819-3. (en castelán)