A Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011 foi a 7ª edición oficial do torneo organizado pola FIFA para determinar o club campión do mundo de fútbol. Despois de 2 anos disputándose en Emiratos Árabes Unidos, no ano 2011 o campionato viaxou de volta ao Xapón, concretamente a Toyota e Iocoama. Os encontros comezaron o 8 de decembro e remataron o 18 de decembro coa final.
Equipos
Os equipos participantes foron os 6 campións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC, e o equipo campión da liga local, o Kashima Reysol:
Cadro do torneo
Os dous equipos considerados favoritos, como son os campións da Liga de Campións da UEFA e da Copa Libertadores, agardaron rival directamente en semifinais. O FC Barcelona xogou fronte ó Kashiwa Reysol, equipo que eliminou o Auckland City no encontro preliminar, e ó CF Monterrey nos cuartos de final. O Santos FC xogou fronte ó Al-Sadd SC, gañador do encontro de cuartos de final fronte ó Espérance ST. Tanto FC Barcelona como Santos FC gañaron os seus encontros de semifinais, de xeito que a final foi a prevista.
O cadro do torneo na edición 2011 foi o seguinte:
A final estivo dominada dende o comezo polo FC Barcelona, que xa se adiantou por 3 goles a 0 antes do descanso, con goles de Messi, Xavi e Cesc. Na segunda metade Messi anotou un gol máis, e foi elixido mellor xogador da final. Con esta vitoria, o equipo catalán acadou a súa 2ª Copa Mundial de Clubs (trala acadada en 2009), e polo tanto, o seu 17º título internacional (trala Liga de Campións 2010-11 e a Supercopa de Europa 2011).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas