Copa Suramericana
A Copa Suramericana é a segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Suramérica. Organizada pola Conmebol, comezou a disputarse en 2002.
O equipo que gaña a Copa Suramericana acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana fronte ó campión da Copa Libertadores.
Diferenzas entre Copa Libertadores e Copa Suramericana
As diferenzas entre a Copa Libertadores e a Copa Suramericana son as seguintes:
- A Copa Libertadores dispútase no primeiro semestre do ano, e a Copa Suramericana no segundo semestre do ano.
- A Copa Libertadores ten unha fase de grupos como a Liga de Campións da UEFA, que da paso a uns oitavos de final, mentres que a Copa Suramericana ten o mesmo formato que a Copa do Rei española, polo tanto non hai grupos, e dende o comezo ata a final todo son eliminatorias directas.
- Na Copa Libertadores compiten os mellores equipos de cada liga, mentres que na Copa Suramericana compiten os seguintes mellores equipos de cada liga. Por exemplo, cada ano van á Copa Libertadores o 1º, 2º e 3º da liga peruana, mentres que o 4º, 5º e 6º va á Copa Suramericana. En outras ligas como a de Venezuela ou Colombia, clasifícase para a Copa Suramericana o campión do torneo nacional de copa.
- Na Copa Libertadores cada país membro da Conmebol clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina e o Brasil que clasifican a 5. Na Copa Suramericana cada país clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina que clasifica a 6 equipos, e o Brasil que clasifica a 8.
Palmarés
| |||||||||||||||
Tempadas | CAMPIÓN | Resultados | Subcampión | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | ![]() |
1-1 e 2-0 | ![]() | ||||||||||||
2012 | ![]() |
0-0 e 2-0 | ![]() | ||||||||||||
2011 | ![]() |
1-0 e 3-0 | ![]() | ||||||||||||
2010 | ![]() |
0-2 e 3-1 (5-3) | ![]() | ||||||||||||
2009 | ![]() |
5-1 e 0-3 | ![]() | ||||||||||||
2008 | ![]() |
1-0 e 1-1 | ![]() | ||||||||||||
2007 | ![]() |
3-2 e 1-2 | ![]() | ||||||||||||
2006 | ![]() |
1-1 e 2-1 | ![]() | ||||||||||||
2005 | ![]() |
1-1 e 1-1 (4-3) | ![]() | ||||||||||||
2004 | ![]() |
0-1 e 2-0 | ![]() | ||||||||||||
2003 | ![]() |
3-3 e 1-0 | ![]() | ||||||||||||
2002 | ![]() |
4-0 e 0-0 | ![]() |
Véxase tamén
Outros artigos
- Copa Libertadores
- ReCopa Suramericana
- Conmebol
- Suramérica