Copa de Europa de rugby 1997-1998
Nome oficial | 1997-98 Heineken Cup H Cup 1997-98 ![]() |
---|---|
Tipo | Copa de Campións Europea de Rugby ![]() |
Deporte | rugby a 15 ![]() |
Organizador | European Rugby Cup ![]() |
Liña de meta | Bordeos ![]() |
Número de participantes | 20 ![]() |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 1997-1998 ![]() |
Intervalo de tempo | 5 de setembro de 1997 – 31 de xaneiro de 1998 ![]() |
Número de edición | 3 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Bath Rugby (1º) ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 70 ![]() |
Número de espectadores | 462.958 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | epcrugby.com… ![]() |
A tempada 1997-1998 da Heineken Cup foi a 3ª edición da máxima competición continental do rugby europeo. Nesta edición foron 20 os equipos participantes, divididos en 5 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, os primeiros de cada grupo pasan a cuartos de final, e os mellores segundos e o mellor terceiro enfrontáronse nunha eliminatoria previa ós cuartos de final en partido único.
Nesta 3ª edición do torneo participaron 4 equipos franceses, 4 ingleses, 4 galeses, 3 irlandeses, 3 escoceses e 2 italianos.
Fase de grupos
Playoffs
Os 5 equipos que remataron primeiros nos seus grupos clasificáronse para cuartos de final. Ademais os 5 equipos que remataron na segunda posición e o mellor terceiro clasificáronse para xogar unha rolda previa ós cuartos de final. Os resultados desta rolda previa foron:
- Leicester 90-19 Glasgow 1[Ligazón morta]
- Brive 25-20 Pontypridd 2[Ligazón morta]
- Cardiff 24-20 Llanelli 3[Ligazón morta]
Os equipos que xogaron como locais foron os que máis puntos obtiveron nos seus grupos, ou no caso de haber empate aplicouse o criterio de ensaios a prol ou diferenza entre puntos anotados e encaixados. Nas semifinais aplicouse o mesmo criterio para decidir que equipo xogaba como local. A final xogouse o 31 de xaneiro do 1998 no Parc Lescure de Bordeos diante de 36.500 persoas. Bath Rugby coroóuse como terceiro Campión de Europa.
Cuartos de Final | Semifinais | Final | |||||||||||
4 | Bath | 32 | |||||||||||
4 | Cardiff | 21 | |||||||||||
8 | Bath | 20 | |||||||||||
8 | Pau | 14 | |||||||||||
5 | Pau | 35 | |||||||||||
5 | Leicester | 18 | |||||||||||
10 | BATH RUGBY | 19 | |||||||||||
10 | BRIVE | 18 | |||||||||||
6 | Toulouse | 51 | |||||||||||
6 | Harlequins | 10 | |||||||||||
9 | Toulouse | 22 | |||||||||||
9 | Brive * | 22 | |||||||||||
7 | Wasps | 18 | |||||||||||
7 | Brive | 25 |
A semifinal entre Brive e Toulouse que rematou con táboas (22 a 22) decidiuse a prol de Brive por ter anotado 2 ensaios fronte a 1 de Toulouse.