Copa do Rei de Baloncesto
- Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.
![]() ![]() | |
Nome na lingua orixinal | (es) Copa del Rey de baloncesto ![]() |
---|---|
Tipo | competición deportiva ![]() |
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Asociación de Clubs de Baloncesto ![]() |
Número de participantes | 8 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1933 – ![]() |
Calendario da tempada | febreiro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid Baloncesto (29º) (2024) ![]() |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Real Madrid Baloncesto (29) ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | acb.com ![]() |
A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.
Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.
Historia
A primeira edición da Copa do Rei, naquela altura Campionato de España de baloncesto, botou a andar o 15 de outubro de 1933, algo máis dunha década despois da chegada a España do baloncesto, grazas ao pai escolapio Eusebio Millán.[1] Nun principio, a súa primeira edición estaba aberta a todos os campións rexionais, porén, por diversos motivos económicos e profesionais, a competición quedou circunscrita aos campións e subcampións de Cataluña e Castela. Como o resto de competicións deportivas en España, a competición suspendeuse en 1936 debido á Guerra Civil, para renovarse novamente baixo unha nova denominación ao final da mesma, a Copa do Xeneralísimo.
Após o mudanza de denominación, o número de equipos participantes aumentou a oito tras a incorporación de Aragón. Así a copa pasou a ser disputada desde os cuartos de final. Este sistema mantívose até 1942, cando os participantes aumentaron até 16 coa incorporación de clubs de Murcia, Estremadura, Asturias, País Vasco, Illas Baleares e Galiza, chegando a un tope máximo de vinte e catro participantes na seguinte edición. Neste época, o principal equipo dominador foi o Real Madrid, que conseguiu 15 títulos entre os anos 1956 e 1977. Co fin da ditadura e a creación da Liga ACB en 1983, a Copa foi tamén obxecto de remodelacións que a levaron a ser unha competición de referencia no mundo do baloncesto, exportándose o modelo de competición exportouse a outros países e deportes.
Denominacións
O torneo naceu co nome de Campionato de España, porén, o nome oficial da competición mudou ao longo dos anos en función do Xefe de Estado, xa que é quen outorga o trofeo desde a primeira edición. Así, o torneo ten contado coas seguintes denominacións:
- Campionato de España de Copa (1933−1936)
- Campionato de España–Copa da Súa Excelencia o Xeneralísimo (1940−1976)
- Campionato de España–Copa da Súa Maxestade o Rei (1976−1983)
- Copa da Súa Maxestade o Rei–ACB (1983−presente).
Historial
Copa de España (1933−1936)
Ano | Campión | Resultado | Subcampión | Pavillón | Cidade | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|---|---|
1933 | Rayo Club Madrid | 21–11 | Madrid CF | Jardines del Cine Goya | Madrid | ![]() |
1935 | Societé Patrie | 23–19 | Rayo Club Madrid | Parc Municipal de Montjuïc | Barcelona | ![]() |
1936 | Rayo Club Madrid | 23–20 | Societé Patrie | Frontón de Recoletos | Madrid | ![]() |
Copa do Xeneralísimo (1940-1976)
Ano | Campión | Resultado | Subcampión | Pavillón | Cidade | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|---|---|
1940 | L'Hospitalet | 20–17 | Atlético Gracia | Polideportivo de Sarriá | Barcelona | ![]() |
1941 | Español | 35–20 | L'Hospitalet | Frontón Fiesta Alegre | Madrid | ![]() |
1942 | Layetano | 30–28 | FC Barcelona | Frontón Zaragozano | Zaragoza | ![]() |
1943 | FC Barcelona | 27–25 | Layetano | Frontón Balear | Palma | ![]() |
1944 | Layetano | 32–18 | Real Madrid | Pista de Vista Alegre | Vigo | ![]() |
1945 | FC Barcelona | 37–34 | Layetano | Pista de Gran Vía | Barcelona | ![]() |
1946 | FC Barcelona | 44–35 | Montgat | Plaza de toros de las Arenas | Barcelona | ![]() |
1947 | FC Barcelona | 39–25 | Canarias de Madrid | Centro de Natación Helios | Zaragoza | ![]() |
1948 | Juventud Badalona | 41–32 | Real Madrid | Instituto Deportivo General Yagüe | Burgos | ![]() |
1949 | FC Barcelona | Liga | Real Madrid | Palacio de Deportes del Club América | Madrid | ![]() |
1950 | FC Barcelona | 46–39 | Juventud Badalona | Plaza de toros de las Arenas | Barcelona | ![]() |
1951 | Real Madrid | 47–36 | FC Barcelona | Frontón Gros | Donostia | ![]() |
1952 | Real Madrid | 43–31 | Juventud Badalona | Plaza de toros de Alicante | Alacant | ![]() |
1953 | Juventud Badalona | 41–39 | Real Madrid | Colegio San José | Valladolid | ![]() |
1954 | Real Madrid | 56–41 | Juventud Badalona | Frontón Fiesta Alegre | Madrid | ![]() |
1955 | Juventud Badalona | 59–44 | Real Madrid | Pabellón del Deporte | Barcelona | ![]() |
1956 | Real Madrid | 59–55 | Aismalíbar | Frontón Fiesta Alegre | Madrid | ![]() |
1957 | Real Madrid | 54–50 | Aismalíbar | Pista de Vista Alegre | Vigo | ![]() |
1958 | Juventud Badalona | 74–69 | Real Madrid | Centro de Natación Helios | Zaragoza | ![]() |
1959 | FC Barcelona | 50–36 | Aismalíbar | Palacio de los Deportes | Barcelona | ![]() |
1960 | Real Madrid | 76–64 | Hesperia | Frontón Fiesta Alegre | Madrid | ![]() |
1961 | Real Madrid | 76–51 | FC Barcelona | Frontón Deportivo | Bilbao | ![]() |
1962 | Real Madrid | 80–66 | Estudiantes | Palacio de los Deportes | Barcelona | ![]() |
1963 | Estudiantes | 94–90 | Real Madrid | Frontón Urumea | Donostia | ![]() |
1964 | Picadero JC | 63–51 | Aismalíbar | Palacio dos Deportes | Lugo | ![]() |
1965 | Real Madrid | 102–82 | Náutico Tenerife | Pabellón de Deportes | Salamanca | ![]() |
1966 | Real Madrid | 62–61 | Juventud Kalso | Pabellón del Casal Sagrada Familia | Terrasa | ![]() |
1967 | Real Madrid | 82–80 | Kas Vitoria | Frontón Vitoriano | Vitoria | ![]() |
1968 | Picadero Damm | 58–55 | Juventud Kalso | Pabellón de Deportes de La Arena | Xixón | ![]() |
1969 | Juventud Nerva | 82–81 | Real Madrid | Pavillón de Deportes | Ourense | ![]() |
1970 | Real Madrid | 102–90 | Juventud Nerva | Palacio de los Deportes | León | ![]() |
1971 | Real Madrid | 72–63 | Juventud Nerva | Pabellón de Deportes de Mendizorroza | Vitoria | ![]() |
1972 | Real Madrid | 92–77 | Juventud Schweppes | Pazo dos Deportes de Riazor | A Coruña | ![]() |
1973 | Real Madrid | 123–79 | Estudiantes Monteverde | Pabellón Polideportivo de La Salle | Paterna | ![]() |
1974 | Real Madrid | 87–85 | Juventud Schweppes | Pabellón de Deportes | Alacant | ![]() |
1975 | Real Madrid | 114–85 | Estudiantes Monteverde | Pabellón Polideportivo | Xaén | ![]() |
1976 | Juventud Schweppes | 99–88 | Real Madrid | Pabellón Municipal | Cartaxena | ![]() |
Copa do Rei (1977−presente)
Ano | Campión | Resultado | Subcampión | Pavillón | Cidade | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|---|---|
1977 | Real Madrid | 97–71 | FC Barcelona | Nuevo Palacio de Deportes | Palma | ![]() |
1978 | FC Barcelona | 103–96 | Real Madrid | Pabellón Municipal | Zaragoza | ![]() |
1979 | FC Barcelona | 130–113 | CB Tempus Madrid | Polideportivo Anaitasuna | Pamplona | ![]() |
1980 | FC Barcelona | 92–83 | Manresa EB | Pavillón Municipal de Punta Arnela | Ferrol | ![]() |
1981 | FC Barcelona | 106–90 | Real Madrid | Pabellón Municipal | Almería | ![]() |
1982 | FC Barcelona | 110–108 | Real Madrid | Polideportivo Entrepuentes | Badaxoz | ![]() |
1983 | FC Barcelona | 125–93 | Inmobanco Madrid | Pabellón Municipal de Deportes | Palencia | ![]() |
1984 | CAI Zaragoza | 81–78 | FC Barcelona | Pabellón Municipal | Zaragoza | ![]() |
1985 | Real Madrid | 90–76 | Ron Negrita Joventut | Pavelló Club Joventut Badalona | Badalona | ![]() |
1986 | Real Madrid | 87–79 | Ron Negrita Joventut | Palau Blaugrana | Barcelona | ![]() |
1987 | FC Barcelona | 110–102 | Ron Negrita Joventut | Palacio Municipal de Deportes | Santa Cruz | ![]() |
1988 | FC Barcelona | 84–83 | Real Madrid | Pabellón Polideportivo Pisuerga | Valladolid | ![]() |
1989 | Real Madrid | 85–81 | FC Barcelona | Pazo dos Deportes de Riazor | A Coruña | ![]() |
Desde a edición de 1990 a ACB entrega o trofeo MVP ao mellor xogador da Copa do Rei
Palmarés
- 1933 -
Rayo Madrid
- 1935 -
Societé Patrie
- 1936 -
Rayo Madrid
- 1940 -
L'Hospitalet
- 1941 -
Espanyol
- 1942 -
Laietà
- 1943 -
FC Barcelona
- 1944 -
Laietà
- 1945 -
FC Barcelona
- 1946 -
FC Barcelona
- 1947 -
FC Barcelona
- 1948 -
Joventut
- 1949 -
FC Barcelona
- 1950 -
FC Barcelona
- 1951 -
Real Madrid
- 1952 -
Real Madrid
- 1953 -
Joventut
- 1954 -
Real Madrid
- 1955 -
Joventut
- 1956 -
Real Madrid
- 1957 -
Real Madrid
- 1958 -
Joventut
- 1959 -
FC Barcelona
- 1960 -
Real Madrid
- 1961 -
Real Madrid
- 1962 -
Real Madrid
- 1963 -
Estudiantes
- 1964 -
Picadero
- 1965 -
Real Madrid
- 1966 -
Real Madrid
- 1967 -
Real Madrid
- 1968 -
Picadero
- 1969 -
Joventut
- 1970 -
Real Madrid
- 1971 -
Real Madrid
- 1972 -
Real Madrid
- 1973 -
Real Madrid
- 1974 -
Real Madrid
- 1975 -
Real Madrid
- 1976 -
Joventut
- 1977 -
Real Madrid
- 1978 -
FC Barcelona
- 1979 -
FC Barcelona
- 1980 -
FC Barcelona
- 1981 -
FC Barcelona
- 1982 -
FC Barcelona
- 1983 -
FC Barcelona
- 1984 -
Zaragoza
- 1985 -
Real Madrid
- 1986 -
Real Madrid
- 1987 -
FC Barcelona
- 1988 -
FC Barcelona
- 1989 -
Real Madrid
- 1990 -
Zaragoza
- 1991 -
FC Barcelona
- 1992 -
Estudiantes
- 1993 -
Real Madrid
- 1994 -
FC Barcelona
- 1995 -
Baskonia
- 1996 -
Manresa
- 1997 -
Joventut
- 1998 -
Valencia
- 1999 -
Baskonia
- 2000 -
Estudiantes
- 2001 -
FC Barcelona
- 2002 -
Baskonia
- 2003 -
FC Barcelona
- 2004 -
Baskonia
- 2005 -
Málaga
- 2006 -
Baskonia
- 2007 -
FC Barcelona
- 2008 -
Joventut
- 2009 -
Baskonia
- 2010 -
FC Barcelona
- 2011 -
FC Barcelona
- 2012 -
Real Madrid
- 2013 -
FC Barcelona
- 2014 -
Real Madrid
- 2015 -
Real Madrid
- 2016 -
Real Madrid
- 2017 -
Real Madrid
- 2018 -
FC Barcelona
- 2019 -
FC Barcelona
- 2020 -
Real Madrid
- 2021 -
FC Barcelona
- 2022 -
FC Barcelona
Por equipo
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Copa_del_Rey_Baloncesto_%28adjusted%29.png/100px-Copa_del_Rey_Baloncesto_%28adjusted%29.png)
Equipo | Campión | Subcampión | Anos campión |
---|---|---|---|
Real Madrid | 28 | 23 | 1951, 1952, 1954, 1956, 1957, 1960, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1977, 1985, 1986, 1989, 1993, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2020 |
Barcelona | 27 | 11 | 1943, 1945, 1946, 1947, 1949, 1950, 1959, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1987, 1988, 1991, 1994, 2001, 2003, 2007, 2010, 2011, 2013, 2018, 2019, 2021, 2022 |
Joventut | 8 | 16 | 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008 |
Baskonia | 6 | 3 | 1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009 |
Estudiantes | 3 | 4 | 1963, 1992, 2000 |
Laietà | 2 | 2 | 1942, 1944 |
Zaragoza | 2 | 2 | 1984, 1990 |
Rayo Club Madrid | 2 | 1 | 1933, 1936 |
Picadero | 2 | 0 | 1964, 1968 |
Valencia Basket | 1 | 4 | 1998 |
Societé Patrie | 1 | 2 | 1935 |
Málaga | 1 | 2 | 2005 |
L'Hospitalet | 1 | 1 | 1940 |
Manresa | 1 | 1 | 1996 |
Espanyol | 1 | 0 | 1941 |
Aismalíbar | 0 | 4 | |
Inmobanco | 0 | 2 | |
Montgat | 0 | 1 | |
Canarias de Madrid | 0 | 1 | |
Hesperia | 0 | 1 | |
Náutico Tenerife | 0 | 1 | |
Kas Vitoria | 0 | 1 | |
Cáceres | 0 | 1 | |
Sevilla | 0 | 1 | |
Gran Canaria | 0 | 1 |
Notas
- ↑ "La historia de la Copa del Rey" [Historia da Copa do Rei]. ACB.com (en castelán). 4 de febreiro de 2008.