Cornelis Biezeno
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1888 ![]() Delft, Países Baixos ![]() |
Morte | 5 de setembro de 1975 ![]() Wageningen, Países Baixos ![]() |
Rector of Delft University of Technology (en) ![]() | |
1949 – 1 de xaneiro de 1951 | |
Rector of Delft University of Technology (en) ![]() | |
1937 – 1938 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Técnica de Delft - enxeñaría mecánica (1904–1909) Universidade de Ámsterdam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) ![]() Technische Hoogeschool te Bandoeng (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Adriaan van Wijngaarden, Warner Tjardus Koiter, Arie van der Neut (en) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
Cornelis Benjamin Biezeno, nado o 2 de marzo de 1888 na vila surholandesa de Delft e finado o 5 de setembro de 1975 en Wageninngue, provincia de Güeldres, foi un matemático holandés, destacado profesor da Universidade de Tecnoloxía de Delft.[1]
Destacou principalmente polos seus estudos dedicados á teoría da estabilidade das estruturas elásticas.
Traxectoria
Biezeno estudou matemática aplicada e teoría da elasticidade na Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft) entre 1904 e 1909, onde resultou graduado cum laude. Ao pouco tempo, comezou a exercer nesta mesma institución como profesor titular, primeiro da materia de Resistencia dos Materiais e despos de Matemáticas, e en 1914 obtivo a cátedra de Enxeñaría mecánica. Fointamén reitor da devandita universidades, en dous períodos, entre 1937 e 1938 e, posteriormente, de 1949 a 1951.[2]
Biezeno dedicouse primeiro á resolución por métodos xeométricos de problemas de mecánica estática, deixando ao lado os principios de enerxía (e, particularmente, o principio dos traballos virtuais) que era algo demasiado abstracto. O tratado que escribiu con Richard Grammel, Technische Dynamik (1939), que foi unha referencia no ámbito xermano posterior á segunda guerra mundial, é unha testemuña desa dedicación.
A lectura do tratado de elasticidade de Love e o continuo perfeccionamento das máquinas calculadoras convencérono, no entanto, do maior interese do enfoque analítico que do xeométrico.[3]
A partir de aí, dedicouse ao estudo da estabilidade das estruturas elásticas, continuando as investigacións iniciadas neste campo por Richard Vynne Southwellen 1913.[4]
Recoñecementos
Biezeno foi un dos organizadores do I Congreso Internacional de Mecánica Aplicada (Delft, 1924). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Gante, de Ámsterdam e a Libre de Bruxelas. En 1939 entro a formar parte do Real Instituto de Ciencias dos Países Baixos e en 1960 foi galardoado coa Medalla Timoshenko, xunto co seu estreito colaborador Richard Grammel.[5]
A Real Sociedade Neerlandesa de Enxeñeiros (KIVI) instituíu o Premio Biezeno de Mecánica Sólida (Biezeno Solid Mechanics Award) como recoñecemento ao labor deste científico pioneiro nas investigacións en mecánica sólida nos Países Baixos.[6]
Obras
- Technische Dynamik. Springer Verlag, 1939 (en colaboración con Richard Grammel).
- Engineering Dynamics (catro volumes). Glasgow: Blackie, 1955-1956 (en colaboración con Richard Grammel).
- Editor de: Proceedings of the First International Congress for Applied Mechanics. Delft, 1924.[7]
Notas
- ↑ "Cornelis Benjamin Biezeno (1888-1975)". En KNAW Past Members (en inglés)
- ↑ Bruggemans, J.S. Inventaris van de archieven van de Technische Hogeschool te Delft. Nationaal Archief Den Haag, 1983. Overzicht van de rectores magnifici tussen 1905 en 1959. Páxinas 139-141 (en neerlandés)
- ↑ Augustus Edward Hough Love. A Treatise on the Mathematical Theory of Elasticity. 1892 (en inglés)
- ↑ "Professor Cornelis Benjamin Biezeno (1888-1975)". En ShellBuckling.com (en inglés)
- ↑ "Timoshenko Medal". No sitio web da Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) (en inglés)
- ↑ "Biezeno Award for Solid Mechanics 2017". No sitio web oficial da Real Sociedade Neerlandesa de Enxeñeiros (KIVI) (en inglés)
- ↑ "Proceedings of the First International Congress for Applied Mechanics, edited by C. B. Biezeno and J. M. Burgers". Delft, 1924 (en inglés)
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Anniversary volume on applied mechanics, dedicated to C.B. Biezeno by some of his friends and former students on the occasion of his sixty-fifth birthday, March 2, 1953. Stam, 1953 (en inglés)
Ligazóns externas
- Cornelis Benjamin Biezeno. En Mathematics Genealogy Project (en inglés)
- Biezeno, Cornelis Benjamin (1888-1975). En Biographical Dictionary of the Netherlands: 1880-2000 (en neerlandés)