Costel Pantilimon
Costel Pantilimon | |||
---|---|---|---|
Pantilimon con Romanía, xuño de 2014 | |||
Información persoal | |||
Nome | Costel Fane Pantilimon | ||
Nacemento | 1 de febreiro de 1987 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bacău | ||
Altura | 2,03 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Nottingham Forest | ||
Carreira xuvenil | |||
Aerostar Bacău | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2012 | Politehnica Timișoara | 115 | (0) |
2011–2012 | → Manchester City (cedido) | 0 | (0) |
2012–2014 | Manchester City | 7 | (0) |
2014–2016 | Sunderland | 45 | (0) |
2016– | Watford | 2 | (0) |
2017–2018 | → Deportivo (cedido) | 6 | (0) |
2018– | → Nottingham Forest (cedido) | 4 | (0) |
Selección nacional | |||
2003–2004 | Romanía sub-17 | 5 | (0) |
2005 | Romanía sub-19 | 5 | (0) |
2006–2008 | Romanía sub-21 | 12 | (0) |
2008– | Romanía | 27 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 20 de febreiro de 2017 Selección: actualizado a 14 de novembro de 2017[ editar datos en Wikidata ] | |||
Costel Fane Pantilimon, nado en Bacău o 1 de febreiro de 1987, é un futbolista romanés. Xoga de gardameta e o seu equipo actual é o Nottingham Forest F.C., cedido polo Watford F.C.
Traxectoria
O 1 de setembro de 2017, logo do peche do mercado, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cedido durante unha campaña polo Watford F.C.[1] Debutou na xornada 4, nunha derrota a domicilio fronte o Real Betis (2–1). Co conxunto coruñés participou en 6 partidos de liga e 1 de Copa do Rei. Logo dun rendemento irregular, o 31 de xaneiro de 2018 o Deportivo anunciou a rescisión do seu contrato marchando, novamente cedido, ao Nottingham Forest F.C.[2][3]
Notas
- ↑ "Costel Pantilimon, novo porteiro do Dépor". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2017.
- ↑ "Dépor e Watford acordan a finalización da cesión de Costel Pantilimon". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Pantilimon recala en el Nottingham Forest tras salir del Deportivo". La Vanguardia. 31 de xaneiro de 2018 (en castelán).