Covarachía é unha vila e concello da provincia do Norte, que forma parte do departamentocolombiano de Boyacá. O centro urbano atópase a 208 quilómetros da capital do departamento, Tunja, a unha altitude de 2 320 metros na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos. Limita cos concellos de San José de Miranda e Capitanejo (ambos os dous en Santander) polo norte, Tipacoque polo sur, Capitanejo polo leste e cos concellos de Onzaga e San Joaquín (Santander) polo oeste.[1]