Coventry
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Midlands do Oeste - West Midlands | |||
Condado metropolitano (pt) | Midlands Ocidentais (pt) | |||
Distrito metropolitano (pt) | Coventry (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 362.690 (2016) (4.927,85 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua inglesa | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 73,6 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Fundador | Leofric (pt) | |||
Creación | 1043 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | John Blundell (en) (2018–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | CV | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 024 | |||
Código NUTS | UKG33 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Graz (1957–) | |||
Páxina web | coventry.gov.uk |
Coventry é unha cidade do centro de Gran Bretaña, situada a 153 km ao noroeste de Londres e a 30 km ó leste de Birmingham, cunha poboación no 2001 de 303.475 habitantes.
Historia
Bombardeo de Coventry
Coventry foi unha das cidades que tivo que ser "sacrificada" polos ingleses na segunda guerra mundial, debido a que xusto antes do bombardeo a esa cidade descifraran o código enigma dos nazis e interceptaran unha comunicación do Eixe onde se dicía que se ía bombardear a cidade. Logo Churchill tivo que tomar a decisión de evacuar ou non Coventry. Se se evacuaba a cidade os nazis sospeitarían que se descifrara o código enigma, e comprometeríase a vantaxe na guerra.
Finalmente, Coventry foi bombardeada masivamente polos avións da Luftwaffe, (cerca de 500 bombardeiros) o 14 de novembro de 1940. A cidade foi case totalmente destruída. O ministro nazi de Propaganda, Goebbels, chegou a propor un novo termo, "coventrizar", para referirse a eses bombardeos masivos. Só algúns menores foran evacuados, baixo o pretexto de saída de vacacións.
Tamén houbo bombardeos en Liverpool, Plymouth, Bristol e Southampton.
A catedral de Coventry foi deixada como a deixou o bombardeo: non quedan máis que unhas columnas e algo das súas murallas. Xunto aos restos da antiga catedral edificouse unha nova catedral, a cuxa inauguración, que tivo lugar en 1962 e como símbolo de reconciliación, asistiu o chanceler alemán.
Polo seu valor simbólico, nas proximidades da Catedral, plantáronse unha serie de olmos, iniciativa que patrocinou a artista Yoko Ono.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |