Cuéntame cómo pasó

Cuéntame cómo pasó
FormatoDrama-Historia
Creado porMiguel Ángel Bernardeau
IntérpretesImanol Arias
Ana Duato
Ricardo Gómez
Irene Visedo
María Galiana
Pablo Rivero
Cristina Alcázar
Juan Echanove
Ana Arias
Roberto Cairo
Silvia Espigado
Alicia Hermida
Lluvia Rojo
Manolo Cal
Santiago Crespo
Elena Rivera
Antonio Canal
Voz de Carlos Adulto
Carlos Hipólito
Tema de aperturaCuéntame (Ana Torroja)
País de orixeEspaña
Episodios370 (+ 40 confirmados)
Produción
Duración70-75 min
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio13 de setembro de 2001
Derradeiro episodioactualidade
Na rede
https://www.rtve.es/television/cuentame-como-paso/
IMDB: tt0302447 Filmaffinity: 879955 Allocine: 4461
Facebook: cuentamecomopaso Twitter: cuentametve Instagram: cuentametve Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cuéntame cómo pasó, máis coñecida como Cuéntame, é unha serie de televisión española emitida por La 1 de Televisión Española, desde o ano 2001. O seu nome orixinal (Cuéntame) tivo que ser modificado por problemas de dereito de autoría.[1]

A serie narra, apoiándose nunha combinación de microhistoria e macrohistoria, as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española, e é á vez unha crónica socio-política da época. O seu nome provén dun famoso tema dos anos sesenta do grupo de música pop Fórmula V, titulado "Cuéntame".

A serie creouse co propósito de celebrar o primeiro cuarto de século transcorrido desde a Transición e o seu espírito claramente didáctico queda patente nalgúns capítulos puntuais especiais, nos que se inclúen entrevistas documentais a personaxes históricos da época, por exemplo os correspondentes ao asasinato do presidente Carrero Blanco ou á morte de Franco.

Desde o seu primeiro capítulo, emitido o 13 de setembro de 2001, Cuéntame reflectirá os cambios experimentados no país a partir de 1968. A 11ª tempada estreouse o 10 de setembro de 2009 e terminou o xoves 17 de decembro de 2009 cun récord absoluto de audiencia desde o 2007 e superando a de Gran Hermano.

A pesar de levar máis de 8 anos en antena a serie converteuse en todo un referente e a súa audiencia segue intacta, plantando cara a Gran Hermano.

Entre o 3 de xaneiro e o 23 de maio de 2013 emitiuse a súa décimo cuarta tempada.

Elenco actual

Principal

Secundario

  • Manolo Cal
    • Ramón
  • Silvia Espigado
    • Clara
  • Santiago Crespo
    • Josete
  • Manuel Dios
    • Luis

Con

  • Aina Quiñones
    • África
  • Jorge Basanta
    • Santos
  • Jimmy Roca
    • Padre Nivio
  • Joaquín Galletero
    • Pablo
  • Elena Ballesteros
    • Sara

E os nenos

  • Javier Lorenzo
    • Oriol
  • Víctor Garrido
    • Santi

Coa colaboración especial de

  • Guillermo Montesinos
    • Eladio
  • Carmen Balagué
    • Casandra
  • Pepa Sarsa
    • Josefina
  • Beatriz Argüello
    • Belén Serrano
  • Miguel Hermoso
    • Chema
  • Natalia Millán
    • Cata
  • Ramón Madaula
    • Max

Capítulos e audiencias

Tempada Capítulos Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 33 13 de setembro de 2001 4 de xullo de 2001 5 562 000
34,9%
2 14 26 de setembro de 2002 26 de decembro de 2002 6 408 000 35,3%
3 13 3 de abril de 2003 3 de xullo de 2003 6 746 000 42,0%
4 14 25 de setembro de 2003 1 de xaneiro de 2004 6 727 000 39,0%
5 13 15 de abril de 2004 22 de xullo de 2004 5 635 000 34,2%
6 14 18 de novembro de 2004 24 de febreiro de 2005 5 605 000 31,3%
7 17 22 de setembro de 2005 12 de xaneiro de 2006 4 884 000 27,9%
8 21 14 de setembro de 2006 8 de febreiro de 2007 4 726 000 26,6%
9 22 13 de setembro de 2007 14 de febreiro de 2008 3 746 000 21,0%
10 19 28 de agosto de 2008 25 de decembro de 2008 4 280 000 24,1%
11 17 3 de setembro de 2009 17 de decembro de 2009 4 071 000 22,0%
12 18 11 de novembro de 2010 17 de marzo de 2011 4 722 000 23,8%
13 18 15 de setembro de 2011 2 de febreiro de 2012 4 547 000 22,7%
14 24 3 de xaneiro de 2013 23 de maio de 2013
Total 257 2001 ¿?

Premios

  • Antena de Ouro
    • Antena de ouro á mellor serie de televisión: 2004.
  • Fotogramas de Prata
  • Unión de Actores
    • 2005. Candidata a Mellor actor protagonista dunha serie (Imanol Arias), Mellor actriz protagonista dunha serie (Ana Duato), Mellores actores nun papel pequeno (Félix Corcuera e José Antonio Alcobendas).
  • TP de Ouro
    • Mellor Serie Nacional: 2001, 2002, 2003
      • Nomeada: 2004, 2006, 2008.
    • Mellor Actor (Imanol Arias): 2001, 2002, 2003, 2006, 2007, 2008.
      • Nomeado: 2004, 2005.
    • Mellor Actriz (Ana Duato): 2001, 2002, 2003, 2006.
      • Nomeada: 2004, 2005, 2007.
    • Mellor Actriz (María Galiana).
      • Nomeada: 2002
  • Premios internacionais
    • International Golden Chest 2002: Mellor dirección artística.
    • Seoul Drama Awards 2006: Mellor guión.
    • Seoul Drama Awards 2007: Mellor director.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas