Cuadrilla de Zuia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Áraba ![]() | |||
A Cuadrilla de Zuia (en éuscaro: Zuiako Koadrila) e oficialmente Cuadrilla de Zuya/Zuiako Koadrila é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco. Coñécese tamén a comarca como Estribaciones del Gorbea (Gorbeia Inguruak), xa que gran parte da mesma sitúase no piemonte do monte Gorbeia. A capital comarcal é Murgia, no municipio de Zuia. Conta cunha poboación de 9.420 (2010).
Parte dos parques naturais de Gorbea e Urkiola esténdense por esta comarca. Nesta comarca atópanse os 3 pantanos de Áraba: Ullibarri-Gamboa, Urrunaga e Albina.
Concellos
Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2010) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Aramaio | 73,27 | 1.497 | 20,43 |
Arratzua-Ubarrundia | 57,41 | 913 | 15,9 |
Legutio | 45,85 | 1.644 | 35,86 |
Urkabustaiz | 60,49 | 1.271 | 21,01 |
Zigoitia | 102,07 | 1.694 | 16,6 |
Zuia | 122,49 | 2.401 | 19,6 |
461,58 | 9.420 | 20,40 |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Cuadrilla de Zuia Arquivado 27 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)