Cunimundo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI ![]() |
Morte | 566 (Gregoriano) ![]() Pannonia, Imperio Romano ![]() |
Causa da morte | homicidio ![]() |
Relixión | Arianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rei ![]() |
Outro | |
Título | King of the Gepids (en) ![]() ![]() |
Fillos | Rosmunda ![]() |
Pai | Thurisind ![]() |
Irmáns | Turismod ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) ![]() |
![]() |
Cunimundo foi un rei dos xépidos do século VI. Intentou estender o seu reino situado sobre o Danubio e para iso enfrontouse ao Imperio Bizantino; este apela aos seus aliados ávaros e, sobre todo, aos longobardos, dirixidos polo rei Alboíno. Fronte a esta temíbel coalición, Cunimundo foi vencido (sobre 565) e morto no combate (ou executado despois?). Os xépidos foron decimados e unha parte seguiu aos longobardos a Italia en 568.
Tras ser decapitado e o seu corpo (ou o seu cadáver) e o seu cranio transformado en copa, unha das súas fillas, a princesa Rosmunda, tomada como esposa á forza por Alboíno, debeu máis adiante en Italia beber nel ao viño da vitoria (en Verona?).
A copa feita co cranio do rei Cunimundo sería conservada polos reis longobardos. O erudito de orixe longobarda Paulo Diácono veríaa cos seus ollos en Pavia, capital longobarda, cando lla amosou o rei Ratchis.