Curry xaponés
Curry xaponés | |
---|---|
Un prato de curry estilo xaponés con arroz. | |
Nome | Curry xaponés |
Tipo | Curry |
Lugar de orixe | Xapón |
Ingredientes | Vexetais (cebola, cenoria, patacas), carne (carne, porco, polo) |
Similares | Karē raisu, karē udon, karē-pan |
O curry xaponés[1][2] (en xaponés: 日本のカレー; karē) é un dos pratos máis populares do Xapón. Adoita servirse xunto con arroz e tonkatsu ou outros acompañamentos, como arroz ao curry (カレーライス karē raisu?), mais tamén existen pratos baseados en curry que non empregan arroz, como karē udon (fideos grosos) ou karē-pan (pan de curry), se ben non son tan populares como o curry con arroz. O mollo de curry en si é menos especiado que o seu equivalente indio. Hai variedades que varían dende un sabor máis suave e doce até outras moi picantes.
Para elaborar o curry xaponés emprégase unha ampla variedade de vexetais e carnes. As verduras básicas son as cebolas, as cenorias e as patacas. Respecto á carne, a de vitela, porco, polo e ás veces pato son as máis populares. O katsu-karē é un tonkatsu (porco apanado fritido troceado) con mollo de curry.
O curry foi introducido no Xapón polos ingleses durante a era Meiji (1869–1913), época na que a India estaba baixo administración británica. O prato fíxose popular e pasou a estar dispoñible en supermercados e restaurantes a finais dos anos 1960. Foi adaptado dende a súa introdución, e o seu consumo é tan xeneralizado que pode considerarse un prato nacional.[3]
Notas
- ↑ Definición de curry* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ "『カレーライス』に関するアンケート". ネットリサーチ ディムスドライブ (en xaponés). Consultado o 16 de outubro de 2008.
Véxase tamén
Bibliografía
- Eston, Elizabeth (2019). "The Footprints of the Indian Revolution in Japanese Food Culture". Rash Behari Bose: The Father of the Indian National Army, Vol. 1. Tenraidou.
- All Japan Curry Manufacturers Association (1 de marzo de 2019). "The World of Japanese Curry". Foodies Go Local. All Japan Curry Manufacturers Association. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
- Ewbank, Anne (25 de outubro de 2018). "How Curry Became a Japanese Naval Tradition". Gastro Obscura. Atlas Obscura.
Outros artigos
- Gastronomía do Xapón