Década de 1640
Segundo milenio | |||||
Século XVII | |||||
| |||||
|
1640
- Artigo principal: 1640.
- 1 de decembro, Restauración da Independencia de Portugal en relación a España; João, Duque de Bragança, chega ao trono como Xoán IV de Portugal.
- Inicio da Guerra dos Segadores.
- Invasión escocesa contra o goberno de Carlos I, Rei da Inglaterra. Revolución Inglesa.
Arte e cultura
- O español Diego de Saavedra y Fajardo publica Idea de un príncipe cristiano, á vez en Münster e Milán.
1641
- Artigo principal: 1641.
América
- 13 de xuño: Comeza a primeira guerra franco-iroquesa, que a pesar das varias paces que a interromperan, durou 25 anos.
Asia
- 14 de xaneiro : os holandeses toman Malaca, expulsando aos portugueses e vedando o acceso dos ingleses ás Molucas.
Europa
- Guerra de Restauración de Portugal: tropas lusas, cruzan o río Miño e renden a praza-forte galega de Salvaterra de Miño, que detentarían até 1669.
- Guerra de Cataluña: Lois XIII, rei de Francia é proclamado conde de Barcelona.
1642
- Artigo principal: 1642.
África
- Marzo - O francés Jacques Promis funda Fort-Dauphin no Sur da illa de Madagascar.
América
- 17 de maio - Fundación da actual cidade de Montreal, Canadá, por Paul Chomedey, Sieur de Maisonneuve, co nome de Ville-Marie.
Asia
- O tabaco é prohibido no Imperio chinés.
Europa
- 4 de xaneiro, Guerra Civil Inglesa: O Rei Carlos I de Inglaterra ataca o Parlamento.
- 23 de outubro, Batalla de Edgehill, primeira batalla na Guerra Civil Inglesa.
- Prohíbese o tabaco nos Estados Pontificios.
Oceanía
- O holandés Abel Janszoon Tasman descobre Nova Zelandia e Tasmania.
Oriente Próximo
Arte e cultura
- Rembrandt pinta a "Rolda nocturna".
Ciencia e tecnoloxía
- O francés Blaise Pascal contrúe unha máquina de calcular.
1643
- Artigo principal: 1643.
Europa
Oceanía
- O holandés Abel Janszoon Tasman descobre as illas Tonga e as Fidxi.
Arte e cultura
- Bartolomé Esteban Murillo pinta o seu "Autorretrato", na actualidade en Caracas.
1644
- Artigo principal: 1644.
- Fin da Dinastía Ming na China. Os manchús instauran a Dinastía Qing ou Manchú (1644-1911).
- 23 de novembro, Publicación de Areopagitica de John Milton.
1645
- Artigo principal: 1645.
- 28 de xuño Guerra Civil Británica - os Realistas perden Carlisle.
- Os rusos chegan ata o Mar de Okhotsk.
- Invención da Pascalina por Blaise Pascal, unha das primeiras calculadoras mecánicas da historia.
1646
- Artigo principal: 1646.
Arte e cultura
- Edítase en Anveres, Flandres, a "Vida i hechos de Estevanillo González, hombre de buen humor, compuesta por el mesmo", novela picaresca española, cuxo protagonista era galego.
1647
- Artigo principal: 1647.
- 10 de xuño - Batalla do porto de Cavite: Unha frota española derrota outra holandesa na baía de Manila, en Filipinas.
1648
- Artigo principal: 1648.
- Finaliza a guerra dos 30 anos, páctase a paz mediante o Tratado de Westfalia, o cal recoñece a independencia e neutralidade de Suíza.
- Independencia dos Países Baixos do imperio español.
Ciencia e tecnloxía
- O francés Blaise Pascal demostra que a presión atmosférica diminúe segundo se sobe en altitude.
1649
- Artigo principal: 1649.
África
- Os portugueses expulsan os holandeses da illa de San Tomé e de Luanda en Angola.
- A capital do reino de Marrocos é desprazada para Fez.
América
- 11 de abril - Auto de fe xeral en México. Dos 109 condenados (108 como xudaizantes), 57 son queimados en efixie e 13 en persoa.
- 18 de febreiro - Segunda batalla de Guarapes: os portugueses derrotan os holandeses preto de Pernambuco, Brasil.
Asia
- Fundación de Urga (actualmente capital de Mongolia).
Europa
- 30 de xaneiro - O rei Carlos I de Inglaterra é decapitado. Proclámase unha república, a Commonwealth, como forma de goberno.
- Carlos Estuardo autoproclámase como rei baixo o nome de Carlos II de Inglaterra. Os tres parlamentos británicos rexeitan esa proclamación.
- René Descartes chega a Estocolmo.
Arte e cultura
- O pintor francés Nicolas Poussin remata o "Xuízo de Salomón" (hoxe no Museo do Louvre, París).
- Franz Hals realiza o Retrato de Descartes (hoxe no Museo do Louvre, París).
- O filósofo francés René Descartes publica en París o "Traité des passions" (Tratado das paixóns).