Guerra civil pola sucesión ao trono nese ano: o príncipe Oama logrará vencer ao emperador Kobun e despoxalo do seu trono.
Europa
Comeza o reinado de Vamba, monarca dos visigodos (até 680), sucedendo a Recesvinto.
Desde o inicio do seu goberno ten que facer fronte á sublevación de Hilderico, conde de Nemausus (Nimes), ao que se lle une o duque Paulo, que Vamba enviara contra aquel, e mesmo este último chegará a proclamarse rei en Narbona.
O príncipe Oama inicia o reinado e toma o nome de Temmu, emperador do Xapón (até 686). Consonte á tradición foi o reorganizador do Estado segundo o modelo chinés. Pon a capital en Asuka.
Europa
A frota do califa de Bagdad asedia Constantinopla, mais debe retirarse ante a resistencia bizantina.
Hlothhere é novo rei de Kent como sucesor Ecgberht I.
Maelduin é o novo soberano de Dalriada ao suceder a Domangart II.
O rei visigodo, Vamba, toma a cidade de Nemausus (Nimes), na Septimania, onde resistían o conde Hilderico e o duque Paulo (este autoproclamado rei). O monarca perdóalles a vida, condenándoos a reclusión perpetua e facéndoos tonsurar.