Dagoberto I
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Dagobert Ier ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 611 ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 19 de xaneiro de 639 ![]() Saint-Denis, Francia ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis ![]() |
Rei dos francos | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino franco ![]() |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro | |
Título | Rei dos francos (629–639) Rei dos francos (629–639) Rei dos francos (623–633) ![]() |
Familia | Dinastía Merovinxia ![]() |
Cónxuxe | Gomatruda Wulfégonde Nantilda Berchilde ![]() |
Parella | Ragnétrude ![]() |
Fillos | Sixeberto III ( ![]() Clodoveo II ( ![]() Regintrud (disputado) ( ![]() ![]() |
Pais | Clotario II ![]() ![]() |
Irmáns | Cariberto II Meroveo Emma da Austrásia Berta Enimia ![]() |
Descrito pola fonte | Vlastenský slovník historický Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Dagoberto I, nado no 603 e finado no 639, foi un nobre francés. Fillo de Clotario II (rei dos francos) e de Bertrude, foi rei dos francos entre os anos 629 e 639.
Traxectoria
No 623, debido ás reivindicacións autonomistas dos nobres de Austrasia, o seu pai noméao rei deste territorio, desprovisto das rexións das Ardenas e os Vosgos.
Á morte do seu pai convértese en rei dos francos, cedendo o reino de Aquitania, creado para a ocasión, ao seu irmán Cariberto II, facéndoo renunciar definitivamente ao trono de Francia. Á morte do seu irmán, recupera Aquitania, converténdose no rei merovinxio máis poderoso e o monarca máis respectado do seu tempo. Fai de París a súa capital, debido á súa posición xeográfica no centro do reino.
Por recomendación dos seus conselleiros Didier, Dadon (futuro Santo Ouen) e Eligius (futuro Santo Eloi), loita contra as reivindicacións autonomistas de parte da nobreza e reorganiza a administración e a xustiza do reino. Desenvolve a educación e as artes e doa importantes agasallos á Igrexa. Fundará, entre outras, a abadía de San Denis, a cal ha acoller posteriormente a súa tumba e será durante moitos anos a tumba dos Reis de Francia. Foi o último rei merovinxio que dirixiu persoalmente o regnum francorum. Durante o seu reinado, mandou construír o castelo de Altes Schloss en Merseburg, Alemaña que aínda é hoxe en día o castelo máis antigo habitado neste país.
Dagoberto desenvolveu as relacións diplomáticas cos países veciños: asina un tratado de paz perpetua co emperador bizantino Heraclio, unha alianza cos longobardos e un acordo cos saxóns polo que lle axudarán a protexer as súas fronteiras dos eslavos. Desenvolve campañas militares contra os gascóns, os bretóns e sobre todo contra os eslavos.
No ano 632, a nobreza de Austrasia enfróntase a el, e para buscar a calma, vese obrigado a ceder o reino de Austrasia ao seu fillo Sixeberto III que ten só dous anos.
Pronto os nobres de Neustria esixen e obteñen a unión deste reino con Borgoña, e que coloque ao seu fillo Clodoveo II á fronte dese novo reino.
Á súa morte, os seus dous herdeiros son aínda moi novos: Sixeberto ten oito anos e Clodoveo catro, polo que os mordomos de palacio dedícanse a manipular aos soberanos e acaparan definitivamente do poder. É o comezo da época dos Reis folgazáns, que marcará o fin da dinastía Merovinxia.