Dalatíidos

Dalatias licha

.

Euprotomicrus bispinatus

A dos dalatíidos (Dalatiidae) é unha familia de peixes elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes.[1][2]

As súas especies distribúense por todos os océanos do mundo, tanto en rexións litorais como en mar a fóra.[3]

Características

Varias especies posúen órganos luminosos que aparecen como manchas negras principalmente na superficie ventral.[4]

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1851 polo naturalista inglés John Edward Gray,[1] na súa obra List of the specimens of fish in the collection of the British Museum. Part I. Chondropterygii. British Museum (Natural History), Londres.

Etimoloxía

O nome científico da familia está formado, segundo a norma, sobre a raíz Dalati- do seu xénero tipo, Dalatias, coa adición do elemento do latín científico -ǐdae, propio dos nomes das familias de animais.[5]

Clasificación

A familia inclúe seis xéneros con 10 especies:[1][3][2]

  • Xénero Dalatias Rafinesque, 1810
  • Xénero Euprotomicroides Hulley & M. J. Penrith, 1966
    • Euprotomicroides zantedeschia Hulley & M. J. Penrith, 1966
  • Xénero Euprotomicrus T. N. Gill, 1865z
    • Euprotomicrus bispinatus (Quoy & Gaimard, 1824) (o tiburón pigmeo)
  • Xénero Heteroscymnoides Fowler, 1934
    • Heteroscymnoides marleyi Fowler, 1934
  • Xénero Isistius T. N. Gill, 1865
  • Xénero Mollisquama Dolganov, 1984
    • Mollisquama parini Dolganov, 1984
  • Xénero Squaliolus H. M. Smith & Radcliffe, 1912
    • Squaliolus aliae Teng, 1959
    • Squaliolus laticaudus H. M. Smith e Radcliffe, 1912

En Galicia

Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas augas galegas.[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Dalatiidae Gray, 1851 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Dalatiidae Graey, 1851 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 "Froese, R. e D. Pauly, Eds. (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2012. 
  4. Hamlett, W. C. editor (1999). Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. pp. 16–17. ISBN 0-8018-6048-2. 
  5. O fetito de ser breve o "i" do sufixo latino xustifica a adapación do nome da familia ao galego como dalatíidos.
  6. Rodríguez Villanueva & Vázquez 1992, p. 93.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Family Dalatiida2 en FihsBase. Con ampla información sobre a familia, icluíndo os nomes científicos das súas especies a as súas sinonimias (en inglés). Consultada o 12 de deembro de 2020.