Dana International
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (he) דנה אינטרנשיונל ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (he) ירון כהן ![]() 2 de febreiro de 1969 ![]() Tel Aviv, Israel ![]() |
Outros nomes | דנה אינטרנשיונל ![]() |
Educación | Ironi Alef High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautora, artista discográfica, cantante ![]() |
Período de actividade | 1993 ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Tesitura | Contralto ![]() |
Instrumento | Voz e Contrabaixo ![]() |
Selo discográfico | Hed Arzi Music (en) ![]() ![]() |
Participou en | |
12 de maio de 2011 | Festival de Eurovisión 2011 |
1998 | Festival Eurovisão da Canção 1998 (pt) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
feminizing surgery (en) ![]() | |
gañador | |
passou por cirurgia de redesignação sexual (pt) ![]() ![]() | |
Premios | |
| |
Sitio web | danainternational.co.il → ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sharon Cohen (en hebreo: שרון כהן), nada en Tel Aviv o 2 de febreiro de 1972 é unha cantante e compositora israelí, máis coñecida como Dana International (en hebreo: דנה אינטרנשיונל). Gañou o Festival de Eurovisión en 1998 representando a Israel co éxito "Diva", sendo a primeciira cantante e compositora transexual israelí que se presentou ao festival, causando un grande impacto no país e no propio certame. Volveu a Eurovisión en dúas ocasións como autora e como intérprete.[1]
Traxectoria
Primeiros anos
Sharon Cohen naceu en Tel Aviv, e recibiu o seu nome, Sharon, por unha tía que falecera nun ataque terrorista. Desde nena recibiu clases de música e na súa adolescencia actuaba en centros nocturnos nas discotecas máis importantes de Israel cando Offer Nissim, disc-jockey e produtor de música house e principal expoñente das festas circuit que se celebraban en América, Asia e Europa, a descubriu artisticamente.
En 1993, publicou o seu primeiro sinxelo, "Saida Sultana", unha versión da canción "My name's not Susan", de Whitney Houston. Tamén publicou o seu primeiro disco, que incluía unha canción da que tomou o seu nome artístico, "Danna International", e conseguiu un grande éxito tamén en países como Xordania e Exipto. Paralelamente, Dana International (nome inspirado por un amigo da infancia, Daniel, que finou nun accidente), someteuse a unha operación de reasignación de sexo en Londres.
En 1995, saíu á venda o seu segundo disco, titulado Umpatampa, polo que gañou o premio á mellor artista feminina en Israel en 1996. En 1995 tamén entrou na preselección israelí para o Festival de Eurovisión interpretando "Layla Tov Eropa". O seu terceiro disco, Maganona foi censurado en Exipto e Xordania porque temían que "pervertese" a mocidade deses países. Aínda así, vendéronse moitas copias piratas. Dese disco extraeuse o sinxelo "Cinque Milla".
Eurovisión 98
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/13/Dana_International_op_Het_Grote_Songfestivalfeest_2019.jpg/200px-Dana_International_op_Het_Grote_Songfestivalfeest_2019.jpg)
En 1998 e ante unha enorme expectación representou o seu país no Festival de Eurovisión 1998, celebrado en Birmingham, coa canción "Diva", que coincidiu ademais co 50 aniversario da proclamación do estado de Israel. A ultraortodoxia israelí chegou a cualificar a Dana como "o demo" e recibiu ameazas de morte, unha polémica que provocou que a televisión israelí non enviase comentarista ao festival.
A canción impúxose con 172 puntos na noite do festival (no primeiro ano que se empregou de xeito masivo o voto telefónico) e ao volver a actuar decidiu vestir unha chaqueta de plumas creada por Jean-Paul Gaultier que lle recomendaron non usar durante a actuación debido a que nalgúns planos tapaba a súa cara. A vitoria de Dana tivo un grande impacto musical e sobre todo nos medios, converténdoa na primeira artista israelí que foi entrevistada pola MTV e en actuar en Top of the Pops. A noite do seu triunfo centos de mozos saíron ás rúas de Tel Aviv, pois significaba o triunfo do sector máis liberal da sociedade israelí e unha vitoria para os dereitos da comunidade homosexual en Oriente.
Tralo festival
Posteriormente, publicou un disco para toda Europa coas súas cancións máis coñecidas en Israel titulado The Album e outro con cancións novas chamado Free. En 2005 "Diva" foi elixida a décimo terceira mellor canción da historia de Eurovisión, polo que competiu no espectáculo Congratulations.
A partir de 2000, tamén colaborou con músicos como DJ Vic, Amir.M & Gal.M e Mike Cruz, e editou temas con certas reminiscencias da música electrónica.
Volveu a Eurovisión en 2008 como compositora da canción "The fire in your eyes" interpretada por Boaz Mauda que, tras superar a semifinal, quedou en novena posición. Xa en 2011 regresou como autora e intérprete coa canción "Ding Dong", mais nesta ocasión non superou a semifinal en Düsseldorf. Volveu vestir de Jean-Paul Gaultier.
En 2013 e tras un descanso de dous anos, Dana deu a coñecer os seus novos sinxelos, "Ma la'asot" e "Loca". Apareceu en varias ocasións en programas relacionados co Eurofestival, como o 60 Aniversario organizado por BBC en Londres en 2015 e na apertura da edición 64 en Tel Aviv.[2]
Activismo
Dana International fixo campaña a favor dos dereitos da poboación homosexual de Israel e é habitual a súa presenza nas celebracións do orgullo de diferentes cidades de Europa.
Discografía
- 1993 Danna International (Offer Nissim Presents), IMP Dance
- 1994 Umpatampa, IMP Dance
- 1995 E.P.Tampa (Offer Nissim Featuring), IMP Dance
- 1996 Maganuna (Crazy), Helicon/Big Foot
- 1998 Diva – The Hits, IMP Dance
- 1998 Dana International The Album, Helicon/Big Foot/PolyGram
- 1999 Free, (European edition), CNR Music
- 2000 Free, (Israeli & Japanese edition), NMC/NXCA
- 2001 Yoter Ve Yoter (More and More), NMC
- 2002 HaHalom HaEfshari (The Possible Dream), IMP Dance
- 2003 The CDs collection, IMP Dance
- 2007 Hakol Ze Letova (It's All for The Best), Hed Arzi Ltd.
Notas
- ↑ ""Casi la mitad de la gente en Eurovisión eran fanáticos, afirma Dana International". El País (en castelán). 12 de xuño de 1998. ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de decembro de 2018.
- ↑ "💙 ¿Quién es Dana Internacional, invitada especial a Eurovisión 2019?". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2019-05-18. Consultado o 2021-07-03.