Daniel Aranzubia
Daniel Aranzubia | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Daniel Aranzubia Aguado | ||
Nacemento | 18 de setembro de 1979 (44 anos) | ||
Lugar de nacemento | Logroño | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1993–1994 | Loyola | ||
1994–1997 | Athletic Club | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996–2000 | Bilbao Athletic | 70 | (0) |
1997–1998 | Baskonia | 31 | (0) |
2000–2008 | Athletic Club | 162 | (0) |
2008–2013 | Deportivo da Coruña | 178 | (1) |
2013–2014 | Atlético de Madrid | 1 | (0) |
Total | 442 | (1) | |
Selección nacional | |||
1995–1996 | España sub-16 | 3 | (0) |
1998–1999 | España sub-20 | 9 | (0) |
1999–2001 | España sub-21 | 17 | (0) |
2000 | España sub-23 | 1 | (0) |
2004 | España | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Daniel Aranzubia Aguado, nado en Logroño o 18 de setembro de 1979, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, no 2000 incorporouse ao primeiro equipo. Na súa primeira temporada xoga tan só dous partidos de liga. Debuta na Primeira división española o 10 de abril do 2001 nun partido Athletic 1-3 Real Sociedad. Ata a temporada 2006/07 (inclusive) xogou un total de 152 partidos de liga en Primeira división.
Durante o verán do 2007 estivo a piques de ser fichado polo Real Zaragoza, pero finalmente, decidiu quedar no Athletic.[1]
No 2008 decide rematar o seu ciclo co Athletic[2] e comezar un novo no Deportivo, baixo as ordes de Miguel Ángel Lotina. Aquí consegue facerse axiña coa titularidade do equipo encadeando unha serie de boas actuacións que lle fan recuperar o seu mellor nivel logo das últimas temporadas un tanto irregulares no Athletic de Bilbao.
O 20 de febreiro de 2011 anota contra o UD Almería o seu primeiro gol como profesional, ao rematar dentro das mallas un saque de esquina no minuto 94 de partido, significando o 1-1 definitivo, sendo este un gol histórico ao ser a primeira vez que un porteiro marca de cabeza na Primeira División Española.[3]
Selección nacional
Asiduo as categorías inferiores da Selección de España, foi campión do mundo Sub-20 de 1999 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000. Aranzubia foi o porteiro titular en ambas finais.
Coa selección absoluta de España disputou un encontro. Foi un partido amigable contra Andorra xogado o 5 de xuño do 2004, no que Aranzubia xogou a media hora final. Posteriormente, integrou o combinado español que participou na Eurocopa 2004 como porteiro suplente. Aranzubia non volveu ser convocado pola selección española tras a dimisión do seleccionador Iñaki Sáez, que fora o seu técnico nas categorías inferiores e quen lle fixo debutar coa absoluta.
Palmarés
- Deportivo
- Atlético de Madrid
- España sub-20
- Copa Mundial de fútbol sub-20: 1999
- España sub-23
- Xogos Olímpicos: Medalla de prata 2000
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 20 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en futbol.sportec.es (en castelán)