Danza do ventre
A danza do ventre, tamén chamada danza árabe, é unha danza que combina elementos tradicionais de Oriente Medio xunto con outros do Norte de África.
En lingua árabe coñécese como raqs sharqi ("danza do leste" ou "danza oriental"). Inclúe movementos do folclore exipcio, danza clásica e contemporánea, con grandes desprazamentos, voltas e movementos de todas as partes do corpo, pero sobre todo da cadeira. En Turquía, á danza do ventre coñécese como gobek dans ou rakasse.