David Batista

David Batista
Nome completoDavid Michael Bautista, Jr.
AlcumeBatista
Nacemento18 de xaneiro de 1969
Lugar de nacementoWashington, D.C.
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWakefield High School
Ocupaciónguionista, loitador profesional, actor, produtor de cinema, loitador de artes marciais mixtas e deportista
Coñecido porGuardians of the Galaxy
Na rede
IMDB: nm1176985 Allocine: 178123 Rottentomatoes: celebrity/dave_bautista Metacritic: person/dave-bautista TV.com: people/dave-bautista
Facebook: DMB.Official Twitter: DaveBautista Instagram: davebautista Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David Michael Bautista, Jr., máis coñecido como David Batista ou polo seu nome no ring, Batista, nado en Washington, D.C. o 18 de xaneiro de 1969, é un loitador norteamericano de raíces grecofilipinas. Batista é un loitador xeralmente louvado polo seu estilo de loita.

Spec Corpo

  • 190 centímetros de altura
  • Peso 130 kg
  • Sangue Tipo B
  • Axencias (2012/02/02)

Carreira profesional

Principio da súa carreira

A carreira de Batista comezou cando coñeceu a Mr Perfect e a Road Warrior Animal nun congreso de fisicoculturismo. Batista intentou entrar na WCW, pero dixéronlle que endexamais triunfaría na loita libre. Probou sorte entón na World Wrestling Federation, onde o enviaron a traballar con Afa Anoai. Loitou na marca de Anoai, a WXW, baixo o nome de Kahn.

Debutou na Ohio Valley Wrestling (OVW) no 2000, unindo as súas forzas con Synn. Durante o tempo que estivo na OVW usou o nome de Leviathan. Como membro dos Discípulos de Synn mantívose como gañador ata que foi vencido pola superestrela da OVW, Christmas Chaos, que non é outro que a actual superestrela da WWE Kane. Máis tarde, Batista gañaría o título de Peso Completo da OVW contra The Machine. Tras perder o campionato con The Prototype, Synn creu que Batista estaba a se volver demasiado independente e vendeuno ó Reverendo D-Von, sendo este o seu paso á WWE World Wrestling Federation.

Carreira na WWE

David Batista comezou a súa carreira na WWE no episodio de SmackDown! do 9 de maio de 2002. Presentouse baixo o nome de Deacon Bautista, como colaborador de Reverendo D-Von. O seu primeiro combate foi por parellas, e xunto a D-Von venceu o duelo de Randy Orton e Faarooq, usando o seu golpe Spinebuster. Finalmente acabou separándose de D-Von, e volveu a 'Raw', cambiando o seu nome polo que é coñecido actualmente.

Despois de acadar unha reputación de "monstro" a través de combates nos que esmagou a outros loitadores, incluíndo un no que atacou maliciosamente a Tajiri, enviándoo ao hospital, Batista uniuse a Ric Flair no feudo que este tiña contra Kane. O debut de Batista nun PPV foi en Armageddon 2002, en Fort Lauderdale, Florida, onde venceu.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas