Dead Can Dance
Dead Can Dance | |
---|---|
Orixe | Melbourne, Australia |
Período | 1981 - 1998 2005 |
Xénero(s) | world music, ambient, neoclásical, ethereal wave, rock gótico, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Warner, Rhino, Atlantic, Rykodisc |
Membros | Paul Erikson Lisa Gerrard Simon Monroe Brendan Perry James Pinker Scott Rodger Peter Ulrich |
Artistas relacionados | The Scavengers, The Marching Girls, Junk Logic, Microfilm, Heavenly Bodies, Pieter Bourke |
Na rede | |
deadcandance.com | |
Dead Can Dance foi unha banda australiana formada en Melbourne en agosto de 1981. Os seus piares foron Lisa Gerrard e Brendan Perry. A banda trasladouse a Londres en maio de 1982 e separouse en 1998, pero reuniuse temporalmente para unha xira mundial en 2005. O seu álbum de 1996 Spiritchaser acadou o número 1 na lista Billboard Top World Music Albums Chart. No 2011 voltaronse formar, editaron o seu disco Anastasia no 2012 e volveron os escenarios, mantendo por agora unha actividade ininterrompida por case que todo o planeta.
O son das súas músicas é atmosférico, recorrendo a melodías medievais, cantos gregorianos, o iso intensivo de sintetizadores e órganos. Alternan momentos moi tranquilos e relaxados con outros con fortes percusións. Parte da súa influencia vén das músicas autoctonas do nordeste da Australia, feita con didgeridoo. Son parte dos precursores do novo movemento das 'músicas do mundo', na que se mestura músicas de diferentes culturas e tempos indiscriminadamente.
Discografía
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Dead Can Dance | 1984 | 4AD, Warner Bros. |
Spleen and Ideal | 1986 | 4AD, Warner Bros. |
Within the Realm of a Dying Sun | 1987 | 4AD, Warner Bros. |
The Serpent's Egg | 1988 | 4AD, Warner Bros. |
Aion | 1990 | 4AD, Warner Bros. |
Into the Labyrinth | 1993 | 4AD, Warner Bros. |
Spiritchaser | 1996 | 4AD, Warner Bros. |
Anastasia | 2012 | Pias Recordings |
Dionysus | 2018 | Pias Recordings |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
- Dead Can Dance Library (en inglés)