Dedo índice
Dedo índice | |
---|---|
Man humana co dedo índice estendido | |
Arteria | Arteria radial do dedo índice |
Dorlands/Elsevier | 12448665 |
O dedo índice (tamén chamado dedo segundo ou dedo indicador[1] e popularmente como o furabolos[2] ou mostreiro)[3] é o primeiro dedo e o segundo díxito da man humana. Está situado entre o polgar e o dedo medio. Normalmente é o dedo máis hábil e sensíbel da man, aínda que non é o máis longo – é máis curto que o dedo medio, e pode ser máis curto ou máis longo que o dedo anular.
Usos
O dedo índice verticalmente úsame para representar o número 1, e se se move dun lado para o outro pode significar desaprobación ou negación. Nos deportes, pode tamén representar a vitoria, pois nalgúns campionatos os equipos gañadores levantan o dedo índice querendo dicir "Somos o número un".
Sinalar co índice
O feito de sinalar co dedo índice algunha persoa considérase habitualmente como descortés nalgunhas culturas. Unha maneira máis educada de sinalar a alguén faise apuntando coa man na dirección de alguén, como se se estivese sostendo unha bandexa; este xesto vese nalgúns contextos formais como na televisión, a miúdo acompañado da frase "É un pracer presentarlle o Sr./a Sra. X" ou "E aquí temos a ...".
Notas
- ↑ "Vocabulario de medicina" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 25 de agosto de 2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para furabolos.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mostreiro.