Defensor do Pobo Europeo
Defensor do Pobo Europeo | |
---|---|
![]() | |
Tipo | cargo e Valedor do Pobo |
Data de fundación | 1995 |
Sede | Estrasburgo |
Na rede | |
http://www.ombudsman.europa.eu/home.faces | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Defensor do Pobo Europeo (en inglés: European Ombudsman) é un defensor do pobo que está habilitado para recibir dos cidadáns da Unión Europea, ou das persoas físicas e xurídicas, toda queixa relativa ao mal funcionamento das institucións ou organismos comunitarios, coa excepción do Tribunal de Xustiza ou do Tribunal de Primeira Instancia.
Historia
Esta figura regulamentouse coa firma do Tratado de Maastricht en 1992 por parte de todos os Estados membros da Unión Europea, que estableceu que a súa sede estivera radicada na cidade francesa de Estrasburgo.
O defensor é nomeado polo Parlamento Europeo despois de cada elección europea, e ten un mandato renovable de cinco anos correspondentes á duración de cada lexislatura.
Lista de Defensores do Pobo Europeo
1995–2003 | Jacob Söderman | ![]() |
2003–2013 | Nikiforos Diamandouros | ![]() |
2013–actualidade | Emily O'Reilly | ![]() |